HomePolíticaEsperta Monforte leva a pleno que o concello sexa declarado libre de...

Esperta Monforte leva a pleno que o concello sexa declarado libre de novas plantacións de eucaliptos

Esperta Monforte considera que a plantación de eucaliptos está medrando de "forma alarmante" nos últimos anos no termo municipal, en zonas como Rozavales.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Asegura Esperta Monforte que Pantón e A Pobra do Brollón teñen declarado o seu ámbito como libre de eucaliptos e consideran que o mesmo debe facer Monforte como capital da Ribeira Sacra.

Según informe do Ministerio de Medio Ambiente o eucalipto é unha especia exótica invasora e colonizadora que causa graves danos na biodiversidade local, ademais de agravar os incendios forestais. Tendo en conta que Monforte está incluído na Rede Natura 2000, que é paso do Camiño de Inverno e aspira, como capital da Ribeira Sacra, a obter o recoñecemento de Patrimonio Mundial para este territorio, Esperta Monforte presenta unha moción pedindo que se declare o concello libre de novas plantacións de eucalipto polo seu negativo impacto. Piden tamén que se vixíen as plantacións existentes e que se inste á Deputación Provincial e a outros concellos da Ribeira Sacra a tomar a mesma medida.

Esperta leva a pleno tamén, con respecto á antena de telefonía que “se vai a instalar nun edificio da rúa Roberto Baamonde”, un rogo para coñecer a altura de dita antena e una pregunta sobre porque non se recurriu a autorización dada por Patrimonio para esta instalación.

ÚLTIMAS

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra entrega este 8 de novembro os seus premios

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 11 anos de traxectoria impulsando...

Tres persoas para 180 maiores: o BNG denuncia situación “inhumana” na residencia DomusVi de Monforte

O BNG denunciou este xoves no Parlamento a situación "insostible" e "inhumana" que viven...

A veciñanza de Monforte interésase pola xestión de residuos sólidos orgánicos

No stand repartíronse caldeiros para separar a materia orgánica na casa e recolléronse solicitudes...

48.000€ para mellorar o acceso a Revide e A Toca en Quiroga

O deputado de Rural, Daniel García visitou este mércores a vía na que realizará...