HomePolíticaApróbase a instalación dun caixeiro automático en Ribas de Sil

Apróbase a instalación dun caixeiro automático en Ribas de Sil

A Xunta informou ao Concello sobre a adhesión ao acordo coa Fegamp para a instalación destes dispositivos en municipios sen servizos bancarios ao coñecer que se pechaba o único caixeiro de San Clodio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP de Ribas de Sil agradece “a boa disposición da Xunta para atender as necesidades do municipio e dos veciños e veciñas”. Así o manifesta o candidato popular á alcaldía, Jose Rodríguez, en relación á instalación dun caixeiro automático.

A través deste servizo os usuarios poden efectuar xestións ordinarias como a retirada e ingreso de cartos en metálico, a actualización das libretas bancarias ou o pagamento de recibos sen ter que desprazarse a outras localidades.

O popular explica que “tralo peche do caixeiro que tiña unha entidade bancaria en San Clodio, desde a Xunta dirixíronse ao Concello por carta para informar da posibilidade de solicitar a adhesión ao acordo entre a Xunta e a Fegamp para proceder á instalación de caixeiros automáticos.”

Rodríguez sinala que “o goberno local non pode agardar a perder os servizos para actuar, hai que facer as xestións que sexan preciso para evitar os prexuízos aos veciños e veciñas”. O candidato á alcaldía polo PP considera positivo o acordo entre a Xunta e a Fegamp para evitar a exclusión financeira dos veciños e veciñas dos municipios máis pequenos porque “a perda de servizos bancarios afecta tanto ao día a día dos veciños e veciñas coma ao volume de negocio dos comercios e doutros pequenos establecementos”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...