HomePolíticaConde acompaña a Katy Varela nos encontros con empresarios e gandeiros de...

Conde acompaña a Katy Varela nos encontros con empresarios e gandeiros de Monforte

A candidata popular á alcaldía de Monforte, Katy Varela, segue desenvolvendo a súa axenda de reunións con colectivos monfortinos, para coñecer en primeira persoa os seus problemas e as súas propostas. Nesta ocasión o encontro foi con empresarios da zona de Castelo e responsables de explotacións agrarias, contando coa asistencia do conselleiro de Economía, Industria e Innovación), Francisco Conde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo Katy Varela, nestes encontros, ela e o seu equipo escoitan aos veciños e representantes dos sectores produtivos, culturais e deportivos da cidade, para recoller as súas propostas e suxestións para o programa electoral. Destaca a presenza de Francisco Conde nesta reunión con representantes do tecido empresarial, no que participaron empresarios da zona do Castelo e gandeiros do municipio, así como representantes da Agrupación de Interese Económico Ribeira Sacra, colectivo de recente creación, con sede na cidade do Cabe, que pretende asesorar e cooperar con empresas e novos emprendedores.

Durante a reunión, “ademais de poñer en valor o traballo do sector primario e empresarial da cidade de Monforte, destacouse a urxencia de mellorar as infraestruturas de acceso á cidade. Abordáronse asuntos como o arranxo da N-120, a execución da A-76 e a conclusión da ligazón da N-120 co Porto Seco, ademais de incrementar as conexións ferroviarias”, sinala Varela.

Pola súa banda, Francisco Conde expresou a súa disposición para apoiar desde a Xunta de Galicia a posta en marcha de novas iniciativas empresariais que se leven a cabo no municipio. No encontro destacaron a importancia de desenvolver o turismo como motor económico. Neste punto, Katy Varela considera que non existe unha adecuada xestión turística por parte do Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

O programa Da Escola á Granxa optará ó Premio Aresa 2026

O programa cumpriu en 2025 catro edicións achegando a nenas e nenos de infantil...

Monforte anuncia 25.000 euros en premios para o Entroido 2026

Comeza a conta atrás para o comezo do Entroido, e con el chegan os...

Aberto o prazo para solicitar axudas á formación adaptada ás necesidades das empresas

A Xunta lembra que ten aberta ata o 1 de decembro deste ano a...

O Concello de Castro Caldelas solidarízase coas preocupacións dos gandeiros

Os gandeiros de Castro Caldelas, ao igual que moitos outros por toda Galicia, seguen...