HomePolíticaEste 5 de abril preséntase a candidatura do BNG de Monforte coa...

Este 5 de abril preséntase a candidatura do BNG de Monforte coa presenza de Ana Pontón

O BNG organiza este mércores, 5 de abril, a partir das 20.00h na casa da cultura de Monforte, un acto público no que se fará a presentación da candidatura ás eleccións municipais 2023, que encabezará Emilio J.Sánchez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acto será presentado pola responsable comarcal do BNG, candidata á alcaldía de Pantón, Rosana Prieto Florines. Intervirán o responsable local, Local Manuel Luaces, e Margarita Rodríguez que conforman o primeiro tramo da candidatura encabezada por Emilio J. Sánchez. Acompañaranos tamén a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e as demais persoas que integran a candidatura monfortina.

Os nacionalistas convidan á veciñanza a acudir á presentación desta candidatura, acto no que tamén presentarán as ideas principais “para darlle a Monforte o cambio que precisa, porque nós temos proxecto pensado e planificado desde Monforte e para Monforte, non unha suma de ocorrencias, para executarmos no medio e no longo prazo, e que se pretende un proxecto común no que ninguén sobre, que nace coa vontade de crecer e de mellorar o presente e o futuro do noso municipio, que teña ás persoas no centro”, asegura Manuel Luaces Fernández.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...