HomePolíticaGarrido pídelle a Educación que garanta a seguridade nas vivendas do CEIP...

Garrido pídelle a Educación que garanta a seguridade nas vivendas do CEIP Frei Luis de Granada

O alcalde de Sarria requeriulle esta semana á consellería que “con carácter urxente” impida o acceso de persoas alleas ao interior do recinto e das vivendas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, remitiu este xoves á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Lugo o certificado do acordo plenario adoptado, a raíz dunha moción do Grupo Municipal do Partido Popular, referente á situación das vivendas escolares do CEIP Frei Luis de Granada.

Claudio Garrido lémbralle á consellería que os inmobles, de titularidade municipal, están afectados para o uso público de vivendas escolares do CEIP Frei Luis de Granada. Por iso, “como titular de dito uso”, requírelle que adopte “con carácter urxente” as medidas precisas para garantir a seguridade do inmoble e “as que sexan necesarias para impedir o acceso de persoas alleas ao interior do recinto e das vivendas”

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...