HomePolítica"Experiencia, xuventude e capacidade de traballo", así presenta o PP a súa...

“Experiencia, xuventude e capacidade de traballo”, así presenta o PP a súa candidatura en Monforte

O Partido Popular de Monforte de Lemos pechou a semana presentando, na súa sede na cidade do Cabe, aos integrantes da súa candidatura para as próximas eleccións locais. Asistiron representantes da dirección provincial do partido, entre eles, o vicepresidente, Francisco Conde, e o coordinador xeral e portavoz, José Manuel Balseiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cabeza de lista, Katy Varela, destaca que o PP concorre a estes comicios cun equipo formado por “persoas comprometidas con Monforte de Lemos, cheas de ilusión por mellorar as perspectivas de futuro da cidade, do municipio. Representan a diferentes sectores da sociedade e nela concorren persoas afiliadas ao partido desde hai décadas, outras que se incorporaron nas pasadas eleccións e novas caras que se sumaron a este proxecto cun alto grao de traballo e compromiso.”

Acompaña á candidata, como número dous, José Luis Rodríguez, empresario monfortino do sector agrícola “coñecido pola súa capacidade de traballo e responsabilidade.” A seguinte na lista, María Luisa Vázquez, actualmente xefa da área de sistemas do Hospital Público de Monforte de Lemos, “gran coñecedora do sistema sanitario e con alta implicación en distintas agrupacións da cidade, destacando o seu labor como presidenta do Club fluvial de Monforte de Lemos”. Víctor Manuel Rodríguez López é o único dos catro concelleiros que ten o Partido Popular que repite xunto á cabeza de lista. Katy Varela destaca del “a súa lealdade e compromiso coa cidade, co partido e comigo; Víctor foi fundamental nestes catro anos e agradezo a súa implicación a pesar das súas diversas ocupacións”.

En quinto lugar figura o xefe de área de Medio Rural da comarca, Emilio Iván Vázquez. Entre outros, figuran na candidatura, José Manuel Rodríguez Gómez, xubilado de Otis e que mostrou un gran compromiso co proxecto de Katy Varela estes últimos 4 anos; María Luz Vázquez, cunha ampla traxectoria como empresaria de telecomunicacións, e María Carmen Pérez Álvarez, que ocupou durante o goberno de Nazario Pin a importante concellería para o PP de Servizos Sociais, Muller e Familia. José Vicente, xefe do departamento de farmacia do hospital comarcal, María Jesús Casado Barrio, catedrática de Matemáticas no Instituto Daviña Rey .

A candidata popular á alcaldía sinala: “Quero que os monfortinos saiban que tanto estas persoas que conforman a lista como outras que forman parte do partido e traballan sen estar na lista, tomámonos moi en serio o futuro da cidade e sabemos que aínda quedan moitas cousas por facer e mellorar, motivo polo cal nos presentamos ás eleccións para gañar e formar un equipo de goberno responsable, eficaz e comprometido por Monforte”.

PP Monforte candidatura municipais 2023 / PP de Monforte

ÚLTIMAS

A ‘Feira do Viño de Amandi’ xa está aquí

O colofón a un completo programa de actividades do Mes de Amandi no concello...

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...