HomePolíticaO PP da Pobra do Brollón presenta unha candidatura "pensada para gobernar...

O PP da Pobra do Brollón presenta unha candidatura “pensada para gobernar desde o primeiro día”

O candidato do PP á alcaldía da Pobra do Brollón, Teddy López, deu a coñecer a lista que encabezará para as próximas eleccións locais, fixadas para o 28 de maio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A lista está formada por persoas con perfís con experiencia en áreas ás que Teddy López quere dar importancia, polas condicións do municipio, a prevención de incendios e o traballo no campo social. Asegura, “unha candidatura pensada para gobernar dende o primeiro momento, se os veciños deste concello depositan en nós a súa confianza”.

O aspirante popular á alcaldía destaca, con carácter xeral, que os integrantes da lista que encabeza teñen experiencia nos seus respectivos campos profesionais. A este respecto, sinala: “Iso é algo moi importante para poder empezar a xestionar dende o primeiro días os intereses dos veciños da Pobra do Brollón, un concello no que hai moito traballo por facer para mellorar os servizos que reciben os veciños, e mellorar a súa calidade de vida”.  

Na candidatura figura, no posto número 6, Isabel Castaño, que xa foi concelleira nunha ocasión anterior. O resto da candidatura aparecen: Teddy López Pedredo, Empresario cunicultor; Roberto José Andrade Míguez.,Técnico de farmacia; David López Frean, Capataz forestal; Pablo López Morales, Estudante; María del Pilar Pérez Ayán, Auxiliar de clínica; Isabel Castaño Macía. Enfermeira (Sergas); Diego Sanmartín Menéndez, Técnico podólogo; Lorena Morales Besteiro, Funcionaria (Xunta de Galicia); José Manuel Costoya Fernández; Empresario autónomo.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...