HomePolíticaAgroma Sober presenta unha candidatura "que prima o sector primario, a conciliación...

Agroma Sober presenta unha candidatura “que prima o sector primario, a conciliación e a música”

A candidatura conta con paridade de xénero e disposición en cremalleira e con persoas de practicamente todos os eidos sociais e laborais do municipio, dende o comercio á viticultura ou o turismo, cunha idade media de 45 anos. Todas as persoas da lista, de todas as zonas do Concello, participan nas asociacións veciñais, culturais e musicais de Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A candidatura estará encabezada pola actual voceira municipal, Paula Vázquez Verao, e de número dous sitúase Diego Xesús López González, profesor de Xeografía e Historia no IES A Pinguela e afecionado á viticultura e elaboración artesanal de cervexa. Asemade, incorpórase á lista a moza Natalia Bóo Vázquez, que é graduada en Dereito e traballou en ensinanzas de inglés, entre outros eidos.

As tres primeiras persoas da lista teñen nenos e nenas pequenas, co cal entenden perfectamente que unha das necesidades prioritarias de Sober é aumentar os recursos de conciliación, “como é a necesidade de que a ampliación da gardería conte con cociña propia, que se aumenten as actividades deportivas e culturais dirixidas á infancia e se traballe en programas socioeducativos en relación á nutrición infantil, inclusión social e outros aspectos.”

Continúa en cuarto lugar Esteban José Sánchez López, quen xa foi concelleiro dous anos do anterior mandato, traballador nun taller, e María Rodríguez Trigo, en quinto lugar, que tamén está en Agroma Sober dende 2019. Ela é enfermeira no Hospital e, neste momento, coidadora informal de persoas dependentes, eido que é prioritario para Agroma Sober, tanto a mellora das prestacións para estas persoas coma a atención a persoas coidadoras.

Incorpórase de novo de número seis Joel Salgado Buján, que traballa na granxa Casa da Fonte, ademais de ter abellas e ser afecionado á música. De feito, apicultura, sector primario en xeral e música son eixos prioritarios para Agroma Sober.

Continúan a lista Eva Abal Tobío, interiorista e unha das concelleiras actuais de Agroma Sober, Ramón Martínez Díaz, traballador forestal e Ruth Díaz Amor, guía de Turismo, nos lugares sete, oito e nove. Pechan a lista Xesús Verao Pérez, agora xubilado de mestre de Secundaria, histórico militante do nacionalismo na comarca e histórico promotor da DO Ribeira Sacra, e Samanta Fernández Cortés, que foi concelleira na corporación por Agroma Sober entre 2019 e 2020, tendo que deixalo por cuestións laborais. Con Sonia Álvarez Carnero, Bandia López Arias e Tania González Piñeiro como suplentes.

Agroma Sober preséntase na coalición que impulsa Interior Galevo Vivo nas provincias de Lugo e Ourense. Entre as primeiras medidas a impulsar dende o Goberno municipal, Agroma Sober destaca: a elección democrática de pedáneos/as en todas as parroquias para implicar á cidadanía no goberno local, unha reunión ampla do sector turístico para planificar mellor esta actividade no Concello, a redacción participada dunha ordenanza municipal de cortas de madeira e ampliación do persoal de xestión de biomasa, a ampliación da área de Servizos Socias coa praza de Educación Social e un plan consensuado coa Deputación de Lugo para o arranxo e mantemento das estradas do Concello. Consideran prioritaria a disposición de auga no verán para as actividades básicas e un plan xeral para garantir auga en todos os lugares do Concello.

Agroma Sober 2023 / Agroma Sober

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...