Na presentación da candidatura, Esperta Monforte fixo referencia á ilusión coa que se afrontan as vindeiras eleccións despois dun traballo de oito anos na corporacion municipal. “Os nosos concelleiros realizaron un labor de oposición democrática, presentando ducias de mocións, preguntas e rogos para control e impulso do goberno municipal,” aseguran.
A candidatura de Esperta Monforte asegura que son temas a solucionar:
- Declive demográfico, perda imparable de poboación (20.006 habitantes en 1999, e 18.081 habitantes en 2022), que leva tamén a un deterioro económico.
- Falta de apoio ás familias e carencia de prazas de escolas infantís
- Perda de servizos públicos e cerre de negocios.
- Perda de patrimonio e deterioro urbanístico, máis de 1.000 vivendas en estado precario de conservación ou directamente en estado de ruína.
- Problemas medioambientais graves: verteduras das augas fecais ao rio Cabe, unha depuradora insuficiente e incremento progresivo das plantacións de eucalipto no municipio.
- Dedicación a tempo incompleto do Alcalde ao seu traballo municipal.
Esperta Monforte comprométese a “elaborar un imprescindible PXOM no contexto dun planeamento urbano integral que contemple a peonalización inmediata de Ponte Vella, defender o Malecon. Defensa dos servizos e sanidade publica. Creación de prazas de escolas infantis. Remunicipalización da auga, piscina municipal e Servizos de atención a maiores e dependentes. Defensa do medio rural dotándoo de acceso a transporte público accesible. Defensa do patrimonio natural e apoio ao deporte local de base e popular.”
“Esta candidatura representa a implicación na vida pública de xente normal, cun proxecto que aposta polo ben común e un Interior Galego Vivo. Non somos políticos profesionais”, aseguran. A candidatura que encabeza o actual concelleiro da formación, Jaime Germán Vázquez, compóñena:
- Manuel López Martínez, Licenciado en educacion fisica e impulsor do deporte local.
- Maribel García Díaz, Enfermeira , compromentida coa sanidade púbilica.
- María Teresa Rodríguez Rodríguez, residente e loitadora polo rural.
- Dositeo Pardo Losada, Traballador na carniceria de Prodeme.
- Zaira Vázquez Rodríguez, Auxiliar de clínica.
- Andrés Gómez-Chao Fernández, Médico internista .
- Rocío González Figueiras, Orientadora educativa.
- Óscar González Figueiras, Mestre de educación física.
- Larisa González Grande, Bióloga e comprometida co medioambiente
- Alberto Álvarez Pollos, Empresario do textil.
- Graciela TaboadaMariño, Técnica informática. Cociñeira
- Manuel Quiroga López, Técnico en Emerxencias Sanitarias.
- Yolanda Rodríguez Rodríguez, Cociñeira.
- Néstor Hermida Rodríguez, Traballador de perforacións e comprometido con medio rural.
- Ana María Soto Sánchez, Empregada de fogar.
- Marina Vidueira Franjo, Profesora de secundaria.
Suplente, María Carmen García Diaz, Traballadora social.