HomePolíticaLaura Celeiro quere volver á alcaldía do Incio "para cambiar de rumbo"

Laura Celeiro quere volver á alcaldía do Incio “para cambiar de rumbo”

No restaurante A Babioca presentouse á candidata socialista á alcaldía do Incio por parte do Secretario Xeral dos socialistas na provincia, José Tomé Roca e a intervención do voceiro do PSdeG no Parlamento de Galicia e a presenza de alcaldes, concelleiros e militantes do concello e da comarca.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O líder dos socialistas na provincia destacou que a candidata conta con todas as condicións que necesita unha boa alcaldesa, “experiencia na xestión municipal, preparación e capacidade de traballo. Coñece moi ben O Incio, ós seus veciños e as súas necesidades”. José Tomé asegurou que Laura Celeiro “foi unha gran alcaldesa para o Incio e despois do 28 de maio volverá a selo”. Lembrou que os investimentos da Deputación no Incio ó longo deste mandato ascenderon a máis dun millón e medio de euros.

A candidata socialista remarcou que se presenta á alcaldía “para devolver á veciñanza o protagonismo que lle corresponde na vida política do Inicio.” Sobre a candidatura que encabeza explicou que “hai tres mulleres no primeiro tramo dos postos de saída, a lista sae reforzada e renovada con cinco novas incorporacións, ás que hai que engadir sete persoas máis, en relación á pasada convocatoria municipal”. Lembrou e agradeceu o traballo que realizaron os seus compañeiros socialistas na Corporación, Manuel Pombo Vila e José Carlos Pereiro Vázquez.

“Debemos cambiar de rumbo e mellorar as nosas dotacións públicas, impulsar o turismo e apoiar a creación de emprego na nosa vila, e vamos a loitar por elo con todo o noso empeño”, subliñou Laura Celeiro. “Presentámonos cun proxecto ilusionante para resolver os problemas reais da veciñanza fronte á parálise na que ten sumido ó Concello o actual equipo de goberno do PP”, indicou.

A candidatura socialista do Incio está composta por:

  • Laura Celeiro García
  • José Amador Rodríguez López
  • Iria López Rodríguez
  • Darío Rodríguez Rodríguez
  • Iria Pereiro Arias
  • Miguel Ángel Moscoso Mao
  • Antonio López Fernández
  • Juan Manuel Pérez López
  • José Fernández Mera

ÚLTIMAS

Unha Semana Santa ‘chea de maxia e diversión’ no CC Ponte Vella de Ourense

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense ofrece unha Semana Santa chea de actividades...

A ‘Carne ao Caldeiro’ en Castro de Carballedo sabe mellor

Castro de Carballedo será mañá, domingo 13 de abril, o destino escollido para moitos...

435.000€ para melloras no colexio Xoán de Requeixo en Chantada

O titular de Educación do Goberno galego subliñou a importancia que esta intervención suporá...

O BNG denuncia que o PP incumpre a lei ao non dotar de médico o servizo de HADO do Hospital de Monforte

O BNG explica que esta categoría regulouse co Decreto 34/2021, pero en Monforte a...