HomePolítica"Catastro e limpeza de fincas", charla no Centro Social de Campos de...

“Catastro e limpeza de fincas”, charla no Centro Social de Campos de Vila, en Quiroga, o día 29 de abril

O BNG de Quiroga organiza esta actividade "co obxectivo de achegarse á veciñanza e ao rural, como o veu facendo estes anos, para detectar necesidades e para ofrecer asesoramento e información sobre temas concretos."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado, 29 de abril, ás 20:00 h. o BNG de Quiroga organiza un acto público no Centro Social de Campos de Vila para coñecer máis ao detalle temas que interesan aos propietarios e propietarias de fincas. Neste caso tratarase o tema do catastro e as limpezas de fincas da man do avogado, Miguel Vieito Villar.

“Quen non ten, tivo e terá problemas co catastro e as limpezas de fincas en Quiroga?”, pregúntase o BNG de Quiroga. Así este acto informativo pretende dar a coñecer os aspectos máis importantes do catastro e das limpezas obrigatorias de terreos para a prevención de lumes, saber as obrigas e dereitos que contemplan as normativas aplicables e escoitar á veciñanza para resolver dúbidas que se presenten. A presentación será a cargo de Xosé Manuel Fernández, concelleiro e candidato á alcaldía nas eleccións municipais do vindeiro 28 de maio, quen tamén fará de moderador no coloquio final do acto.

Miguel Vieito é avogado e está especializado en tres áreas: Dereito e saúde, levando neglixencias e erros médicos, danos en saúde e negación de servizos, entre outros temas; Dereito e discriminacións por razón de idade, de lingua, de orientación ou identidade sexual… e tamén Dereito e relacións familiares intervindo en mediación, herdanzas, separacións ou divorcios; así como xestión patrimonial, levando temas de Catastro, Rexistro da Propiedade, lindeiros, limpezas de fincas, etc.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...