HomePolíticaA candidatura do BNG na Pobra do Brollón "forma parte activa do...

A candidatura do BNG na Pobra do Brollón “forma parte activa do día a día na vida comunitaria”

O BNG da Pobra do Brollón presenta a lista da candidatura para as eleccións do 28 de maio. Propoñen un grupo que combina experiencia de goberno e novas incorporacións que "achegan ideas e ilusión dende as súas áreas de especialidade" comenta o candidato a alcalde, Xosé Lois Maceda.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG leva 16 anos gobernando na Pobra do Brollón “coa veciñanza no centro, cun proxecto baseado nuns servizos sociais fortes que garantan a protección dos colectivos máis desfavorecidos; na igualdade de oportunidades de acceso á cultura, e na mellora das infraestruturas municipais para o benestar das veciñas e veciños.”

Na candidatura para as municipais combinan experiencia de goberno e novas incorporacións. Entre as novas caras, no número sete da lista, a técnico superior en administración e finanzas Marián Martínez de 42 anos, e no número seis, Noelia Besteiro, profesora de lingua e literatura galega, de 38 anos de dade. Outras novas incorporacións son, no número oito Javier Monterde, avogado e técnico superior en riscos laborais de 60 anos de idade; e no número nove, Agapito Rodríguez, xubilado de Astano de 71 anos.

A lista compleméntase no número dous co Manuel González; no tres, Ricardo Rodicio;  cuarto, Josefa Rodríguez e no número quinto Óscar Rivera. Os candidatos suplentes son Xabier González, Héctor Maceda, Juan José González, Jesús Vila e José González.

Maceda salienta que, a diferenza das doutros grupos, “toda a candidatura vive e está censada no concello, formando parte activa da vida comunitaria no día a día da Pobra do Brollón e as súas parroquias. Formamos unha lista comprometida coa que pedimos á veciñanza a súa confianza para continuar o noso proxecto municipal, incidindo na calidade de vida”.

O cabeza de lista afirma que “a experiencia e a estabilidade institucional acadada ao fronte do goberno municipal demostra que é posible facerse fortes ante os retos dun concello rural e renova os nosos azos para continuar a traballar con aínda máis ilusión polo futuro colectivo da Pobra do Brollón”.

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...