HomePolíticaO PP de Monforte debate sobre emprego feminino e conciliación laboral

O PP de Monforte debate sobre emprego feminino e conciliación laboral

O Partido Popular de Monforte celebrou a pasada semana un café coloquio dedicado ao emprego feminino e á conciliación laboral, no que participou a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha das cuestións abordadas neste café-coloquio foi o da conciliación familiar, especialmente difícil no caso dos emprendedores. As representantes da Xunta explicaron que existe unha liña de axudas da consellería dirixida aos concellos para apoiar a conciliación con medidas como coidadores e espazos de conciliación.

Na mesma reunión, púxose de relevo que o Concello de Monforte non solicitou as axudas autonómicas de apoio á conciliación. A portavoz e candidata popular á alcaldía, Katy Varela, sinalou: “Este é un tema clave tamén para nós, para os populares de Monforte, que xa incluímos no noso programa, que presentaremos nos vindeiros días, un plan de conciliación familiar, que aplicaremos no caso de chegar á alcaldía”.

Os populares lamentan que o alcalde non solicite “as axudas para ampliar as prazas de gardería, nin as que hai para constituír a atención temperá e tampouco as dirixidas a crear ferramentas de conciliación”. Varela asegura que “a Tomé non lle Interesa que a xente nova quede en Monforte e así imos xa case por debaixo dos 18.000 habitantes”. 

Neste coloquio interviron autónomos e representantes de xestorías. Asistiron tamén a secretaria xeral de Igualdade, a chantadina Susana López Abella, e Margarita Ardao Rodríguez, directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...