HomePolíticaPor que non están traballando as máquinas na estrada LU-651, preguntan os...

Por que non están traballando as máquinas na estrada LU-651, preguntan os socialistas de Folgoso do Courel

Os socialistas do Courel esixiron no último pleno explicacións polo parón das máquinas nas obras da Xunta de Galicia na estrada LU-651. Desde o PSOE quéixanse de non ter recibido información precisa sobre esta obra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira do PSdeG no Concello e candidata á alcaldía, Carmen Álvarez, asegurou que “esta total falta de transparencia é unha proba máis de que a Alcaldesa sempre lle quere salvar a cara ó PP na Xunta de Galicia”.

“Por que non están traballando as máquinas? Que está facendo a Xunta de Galicia? Cando se retomarán os traballos?”, pregunta a voceira do PSdeG e asegura que “este novo contratempo súmase á nefasta xestión que vén facendo o Goberno autonómico con respecto á LU-651”.

Lembrou que a mellora da estrada entre Seoane e Folgoso do Courel “leva pendente, bloqueada e sen executar dende fai máis dunha década, que un tramo da estrada que a Xunta decidiu establecer como desvío é intransitable, e que un treito da vía entre Folgoso e Quiroga leva afundido máis dun ano”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...