HomePolíticaLuis Fernández Guitián encabeza unha candidatura "para que Sober siga prosperando"

Luis Fernández Guitián encabeza unha candidatura “para que Sober siga prosperando”

“Tentaremos consolidar unha acción de goberno que está a facer que o Concello se sitúe entre os máis dinámicos da provincia, polo que nesta candidatura apostamos por persoas que teñen acreditada ampla experiencia e capacidade de traballo”, precisa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O candidato do PP á alcaldía de Sober, Luis Fernández Guitián, preséntase de novo ás eleccións do 28 de maio co obxectivo de que o municipio “siga prosperando”. O actual rexedor municipal asegura que o seu equipo “dará continuidade a un proxecto iniciado hai xa 3 mandatos que segue centrado no desenvolvemento económico, o emprego e o benestar social, con especial atención aos maiores e ás familias.”

Fernández Guitián concorre ás eleccións “cun equipo continuista con experiencia de xestión e forzas renovadas no que se pode ver unha representación equitativa de todo o municipio. Persoas comprometidas con Sober que darán o mellor de si para seguir axudando aos nosos veciños e veciñas no seu día a día”. O rexedor recorda, neste sentido, “o esforzo extraordinario que o equipo de Goberno fixo durante a pandemia axudando en todo aquelo que os veciños e veciñas necesitaron.”

O programa do candidato popular contén 50 liñas básicas nas que a aposta máis forte é pola consolidación do turismo e o sector vitivinícola como eixos fundamentais do seu proxecto de futuro para Sober. Recolle como piares as infraestruturas e a vivenda, potenciando a área de rehabilitación integral de Sober, a única de Galicia que afecta á totalidade do Concello. “Seguirase ampliando a rede municipal de auga e saneamento e esixirase á Deputación Provincial de Lugo un plan serio para a mellora e mantemento da rede viaria provincial do Concello.”

Entre as 50 liñas básicas, destaca a solicitude de Festa de Interese Turístico Nacional para a Feira do Viño de Amandi, así como propostas para seguir impulsando a cultura, o patrimonio, o deporte e as novas tecnoloxías.

A candidatura do PP en Sober está formada por:

  • Luis Fernández Guitián, de Sober
  • Sonia Fernández Martínez, de Bolmente
  • Francisco Vázquez Pérez, do Castro de Gundivós
  • Carmen Pérez Pérez, de Matamá-San Martiño de Anllo
  • Raquel Arias Rodríguez, de Vilastrille-Proendos
  • Abel López Fernández, de Sanmil-Brosmos
  • José Quevedo Pérez, de Sober
  • Iván Armesto Fernández de Sistín do Mato-Canaval
  • David Cidre Guitián, de Millán
  • Beatriz Fernández Fernández, de Lobios
  • Domingo López Fernández, de Doade

Comos suplentes aparecen: Noelia Vázquez Carnero, de Amandi, Carlos Losada Rodríguez, de Figueiroá, María del Carmen Agrelo Vázquez, de Doade, Héctor Manuel Díaz López, de Santa Marta-Barantes.

ÚLTIMAS

Bóveda mellora a eficiencia enerxética en instalacións municipais

Acometéronse dúas actuacións diferenciadas. Por un lado, levouse a cabo a mellora da eficiencia...

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...