HomePolíticaCentro de día, rede de saneamento e traídas de auga, prioridades da...

Centro de día, rede de saneamento e traídas de auga, prioridades da candidatura socialista en Bóveda

Os socialistas de Bóveda presentaron no Restaurante Vilaboa, a candidatura socialista coa que concorren ás vindeiras eleccións municipais, e que encabeza a actual voceira do PSdeG na Corporación municipal, Carmen Macía Rodríguez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A secretaria de organización do PSdeG na provincia de Lugo, Pilar García Porto, acompañou á candidata socialista neste encontro, agradecéndolle “o traballo e o compromiso ao longo destes anos na Corporación municipal. Unha experiencia política que a converten nunha boa coñecedora da realidade social de Bóveda e das súas parroquias, con capacidade para liderar a xestión do Concello”.

Carmen Macía subliñou que se presenta ás eleccións “con moitas ganas de darlle un novo pulo ó concello, e cun equipo de xente comprometida e responsable, que entenden que só traballando xuntos e xuntas poderemos acadar grandes logros e compromisos para o conxunto da veciñanza”.

A candidata socialista incidiu en que coñece “de primeira man as carencias e necesidades que temos en Bóveda. Un bo exemplo é a falta dun centro de día público que atenda ás persoas maiores, que cada día se teñen que trasladar a outros concellos para poder acceder a este servizo que é vital. Nós queremos que se constrúa unha nova dotación asistencial para os nosos maiores, e non como fai o PP, que se conforma con anuncios mediáticos de empresas privadas”, expuxo.

Os socialistas recollen no seu programa a creación dun centro social dotado con todos os servizos para a veciñanza que reside no núcleo de Bóveda; o arranxo de camiños municipais con aglomerados e pavimentos axeitados; promover un programa de emprego e campañas de promoción do tecido empresarial ou a creación de becas para estudantes que cursen estudos universitarios, Formación Profesional ou Bacharelato.

Candidatura do PSdeG ás eleccións municipais de Bóveda:

  • María Del Carmen Macía Rodríguez
  • Roberto Carlos Piñeiro Pacio
  • Francisco José Vila López
  • María Julia López Puente
  • María Luisa González Somoza
  • Gonzalo Fernández Carreira
  • María Del Carmen González García
  • José Manuel González Losada
  • Jesús González Carballada

Suplentes: Manuel Fernández López, María Del Carmen Carballada Rodríguez e José López Castro.

ÚLTIMAS

Os senadores populares denuncian “unha parálise de case 3 anos” na N-120

Os populares explican que “se ben é certo que o Executivo confirma que están...

Deloreans nas Festas de Nadal de Monforte

O rexedor acudiu ao concerto acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o Concelleiro de...

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...