HomePolíticaAna Pontón visita a Feira do Viño de Vilachá e fala de...

Ana Pontón visita a Feira do Viño de Vilachá e fala de apostar polo sector vitícola e polo rural

"Nunha Galiza na que o 90% do territorio é rural non se entende o futuro se deixamos atrás a maior parte do noso territorio", e referiuse a exercer unha discriminación positiva co medio rural, "por un rural ben conectado en mobilidade e tamén en novas tecnoloxías, que fixe poboación e que sexa atractivo para á mocidade."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A portavoz nacional, Ana Pontón, visitou esta fin de semana a Feira do Viño de Vilachá, na Pobra do Brollón, que chegaba este ano o seu 30ª aniversario. A cita caracterízase, principalmente, polo lugar onde se desenvolve, o conxunto de adegas centenarias de gran valor histórico e etnográfico. “A denominación de orixe Ribeira Sacra ten uns caldos de excelente calidade pero ademais, esta feira ten a particularidade de celebrarse nun entorno privilexiado, de gran valor etnográfico, histórico e paisaxístico”, indicou Pontón.

O sector vitivinícola é clave no medio rural, pola súa capacidade para xerar riqueza e emprego, pero tamén pola súa capacidade para preservar o territorio, fixar poboación e dinamizar outros sectores económicos como o turismo de calidade. “Trátase dun sector que contribúe decididamente a manter vivo e activo o rural. No Bloque somos capaces de darlles calidade de vida aos concellos, de transformalos en positivo, con dinamismo económico, social e cultural tamén nos pequenos municipios”, declarou a líder nacionalista.

Puxo como modelo Allariz, San Sadurniño, Moeche, Barro, Mazaricos ou A Pobra do Brollón, “ese modelo municipal de éxito é o que queremos estender por todo o rural e por toda Galiza a partir do 28M”.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...