HomePolíticaTurismo e economía centran o encontro do candidato do BNG en Quiroga...

Turismo e economía centran o encontro do candidato do BNG en Quiroga coa alcaldesa de Allariz

Xosé Manuel Fernández, candidato a alcaldía polo BNG de Quiroga, reúnese con Cristina Cid, alcaldesa de Allariz e María López, concelleira de Promoción Económica.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Sendo o concello de Allariz un “modelo inspirador” para o BNG de Quiroga, o seu candidato á alcaldía nas eleccións municipais, Xosé Manuel Fernández, fixo esta semana unha visita a este municipio para coñecer política locais “que tan bos froitos lle están dando ao concello ourensán.”

Entre os temas que quixo tratar o candidato destacan o “turismo sostible e a dinamización económica”, dous puntais que din levar os nacionalistas no seu programa electoral. Para o BNG de Quiroga o turismo é un aspecto “de vital importancia para o desenvolvemento do concello”. Estar no Xeoparque Mundial Montañas do Courel, na Ribeira Sacra candidata a Patrimonio da Humanidade, e ser paso do Camiño de Inverno “sitúan a Quiroga como destino turístico privilexiado. Apostaremos por políticas que promovan e aceleren un desenvolvemento económico sostible contando cos axentes implicados e en harmonía co medioambiente”, sinala Xosé Manuel Fernández.

Desde o concello de Allariz deuse conta dos pasos dados para conseguir a idoneidade do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo que opta a un millón de euros dos fondos Next Generation para a execución do Plan de Sostibilidade Turística en Destinos: “Allariz destino sostible”. O nacionalista espera desenvolver proxectos semellantes “que sirvan para impulsar máis e mellor Quiroga como destino turístico.”

Quiroga precisa tamén, segundo os nacionalistas, dun impulso económico. En palabras do candidato, “Con ese obxectivo crearemos unha Área de Dinamización Económica para atraer novas empresas, apoiar as que temos, crear condicións que favorezan o emprendemento –urbano e rural– e consolidar un calendario de eventos que dinamicen o comercio e a hostalería locais. Un desenvolvemento produtivo necesario que xere oportunidades laborais e contribúa a fixar poboación”.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...