HomePolíticaMuseos para Monforte, un deles sobre a industria do calzado, plantexan os...

Museos para Monforte, un deles sobre a industria do calzado, plantexan os populares ao conselleiro de Cultura

Katy Varela e Román Rodríguez visitaron esta fin de semana o Museo de Arte Sacro das Clarisas, de carácter privado e un dos máis destacados de España.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A candidata do PP á alcaldía de Monforte, Katy Varela, e o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, estudaron vías de colaboración entre o Concello e este departamento da Xunta para promocionar o patrimonio cultural e artístico da cidade do Cabe. Varela e Román Rodríguez, xunto con membros da lista popular, visitaron o museo de arte sacro das Clarisas. 

Katy Varela explicou: “No PP cremos que dende o Concello debe haber máis coordinación cos museo privados que hai en Monforte, para poder potenciar toda esta riqueza do noso patrimonio cultural e artístico. No noso programa electoral incluímos varias iniciativas, entre elas, unha tarxeta-museos, que permita visitalos todos”.  Os populares, segundo di Varela, consideran “que en Monforte hai que promover a creación doutros museos, un deles o do calzado, tendo en conta a tradición da industria do calzado nesta cidade”. 

Varela destacou “os investimentos efectuados pola Consellería de Cultura para a rehabilitación dos Escolapios e de San Vicente, así como todos os investimentos millonarios nos diferentes centros de educación secundaria que hai en Monforte; na actualidade está en obras o Daviña Rey”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...