HomePolíticaTomé Roca: “A Deputación seguirá tendo un Goberno progresista”

Tomé Roca: “A Deputación seguirá tendo un Goberno progresista”

O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, amosaba así este venres a súa satisfacción tras o avance da reunión da Xunta Electoral na que se repasaron os resultados electorais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tal e como adiantara o PSdeG provincial, a Xunta Electoral tivo que ratificar como válidos os resultados das actas oficiais de escrutinio, corrixindo os erros cometidos na transcrición de datos ao sistema informático.

“Hoxe veuse a revalidar o que sempre dixemos. En política, coma na vida, non todo vale”, destacaba o venres 2 de xuño o socialista. “O Partido Popular pensou que con artimañas e mentiras conseguiría os obxectivos que tiña fixados: o Concello de Lugo e a Deputación de Lugo. Pois nin o Concello nin a Deputación. Porque os veciños e veciñas da nosa provincia coñecen ben a Elena Candia”, valorou Tomé.

Seguindo a liña de valoracións, José Tomé explicaba tamén que “o Partido Socialista alcanzou todos os obxectivos que tiñamos marcados para estas eleccións municipais na provincia, nunha ola política desfavorable”. Na súa opinión cumpríronse os tres obxectivos marcados polos socialistas a nivel provincial: manter as Alcaldías que tiñan, conseguir algunhas novas e manter a Deputación de Lugo. “No PSOE seguimos gobernando a maioría da poboación da provincia”, concluíu.

REVISIÓN DE VOTOS

Despois da revisión dos 1.212 votos declarados como nulos nas mesas do distrito electoral que abrangue os partidos xudiciais de Lugo, Becerreá e Sarria, todo indica que a Deputación de Lugo seguirá nas mans de PSOE e BNG.

Este escrutinio solicitado polos populares podería dar a maioría absoluta ao PP pero non foi así, e todo queda igual, sen repercusións nos resultados do 28M.

ÚLTIMAS

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...