HomePolíticaO BNG da Pobra do Brollón toma posesión este sábado cun concelleiro...

O BNG da Pobra do Brollón toma posesión este sábado cun concelleiro menos por un erro administrativo nos resultados electorais, situación á que buscan solución

O alcalde nacionalista, Xosé Lois Maceda, compareceu este venres para explicar as causas que levaron a esta situación e anuncia que o BNG da Pobra do Brollón defenderá nas máis altas instancias a vontade popular recollida nas urnas o pasado 28 de maio e que lle dá ao BNG 6 concelleiros/as e non 5.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O reelexido alcalde explicou que o erro vén dado por unha discrepancia entre as actas de escrutinio das mesas electorais e os resultados enviados a través da PDA á Xunta Electoral de Zona de Monforte de Lemos. As actas son asinadas por todos os compoñentes das mesas e os resultados son revisados polos interventores dos tres partidos participantes nas últimas eleccións. O resultado destas actas de escrutinio son 6 edís para o BNG (691 votos), 2 para o PP (281 votos) e 1 para o PSOE (139 votos). O BNG subiu un 4% no total de votos con respecto ás anteriores eleccións municipais.

Debido a esta cadea de erros administrativos, no Pleno de Constitución do Concello a celebrar este sábado 17, a configuración vai ser 5 concelleiros do BNG, 2 do PP e 2 do PSOE. “A situación é totalmente anómala e todas as forzas entendemos que a vontade popular é a que figura nas actas; eses son os datos de votos reais,” comenta Xosé Lois Maceda.

Segundo o rexedor nacionalista existe un erro administrativo polo que se intercambian os resultados de BNG e PSOE nunha das mesas electorais e a partir deste erro o PSOE sube a 2 concelleiros e o BNG baixa a 5. Non afecta á maioría absoluta do BNG da Pobra do Brollón, pero casusa perxuizos como sinala Maceda, “O electorado, de xeito inxusto, non pode ver formado o goberno que votou. Tivemos uns resultados fabulosos cunha subida en votos e estivemos moito máis cerca de subir a sete concelleiros que de baixar a cinco. A outra gran prexudicada é Noelia Besteiro, número 6 da lista que resultando votada e elixida non vai contar, de entrada, con acta de concelleira.”

“É unha situación moi desagradable na que se está a vulnerar o dereito das veciñas e veciños que me votaron a ter a representación que elixiron democraticamente,” declara Besteiro.

Segundo o BNG sta situación reflicte unha eiva nos mecanismos de control sobre os posibles erros que se poden dar nos procesos democráticos de escrutinio, transmisión de datos, etc. “O erro sempre pode estar aí; hai que garantir que existan os filtros axeitados para que eses erros poidan ser corrixidos,” apunta Maceda.

Dende o BNG brollonés confían nos procesos democráticos e anuncian que esgotarán as vías posibles para corrixir esta situación anómala sexa a través de procedementos administrativos ou a través da xudicatura. Xa está presentado un contencioso electoral no Tribunal Superior de Xustiza. “E chegaremos ao Tribunal Constitucional ou a Europa se é preciso,” engade o rexedor.

BNG A Pobra do Brollón R.P. / BNG

ÚLTIMAS

Entrega dos premios do ‘Mondial de Vins Extremes’ e xantar de Nadal da D.O. Ribeira Sacra

A D.O. Ribeira Sacra vén de celebrar a súa tradicional comida de Nadal, un...

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...