HomePolíticaA executiva provincial do PSdeG designa a José Tomé como candidato á...

A executiva provincial do PSdeG designa a José Tomé como candidato á presidencia da Deputación

A Comisión Executiva Provincial do PSdeG acordou este luns designar a José Tomé Roca como candidato do partido socialista á Presidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acordo foi ratificado seguidamente polo Comité Provincial para mandalo agora a informe da Comisión Executiva Nacional Galega e para a súa aprobación definitiva por parte da Comisión Federal de Listas.

O Secretario Xeral do PSdeG na provincia e actual Presidente da institución provincial en funcións, e tamén alcalde de Monforte de Lemos, subliñou que está a disposición do partido, “como fixen sempre”, expresando a súa satisfacción e o “firme compromiso de seguir traballando de maneira intensa e continua, as 24 horas, todos os días do ano, co obxectivo de que a Deputación siga sendo útil a todos e cada un dos 67 concellos da provincia para mellorar a vida dos veciños e veciñas, que é no que estivemos totalmente volcados nestes últimos catro anos cuns resultados creo que moi positivos, pois a colaboración da institución provincial foi determinante para que os municipios puidesen contar con máis e mellores servizos e infraestruturas, e tamén fomentar o emprego e dinamizar a economía local”.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...