Representantes do BNG na provincia reúnense coa plataforma Salvemos o Malecón de Monforte

Durante a xuntanza a plataforma Salvemos o Malecón expuxo, na sede nacionalista, os seus obxectivos. Este movemento cidadá nace da vontade por preservar un dos lugares máis emblemáticos da cidade.

0
78
Salvemos o Malecón e Daniel Castro / BNG Lugo

O cabeza de lista do BNG ao Congreso por Lugo, Daniel Castro, e a candidata ao Senado, Rosana Prieto, mativeron unha xuntanza con integrantes da plataforma Salvemos o Malecón de Monforte. “É importante a creación de asociacións e plataformas que defendan o seu patrimonio e un desenrolo sostible do seu entorno. O BNG debe recoller as inquedanzas de toda a veciñanza e analizar a viabilidade dos proxectos artellados con cartos públicos” dixo Daniel Castro

Tanto dende o BNG como dende a plataforma Salvemos o Malecón trabállase para evitar a construción dunha ponte destinada ao tráfico no Paseo do Malecón, por considerar que non é necesaria e que desvirtuaría o valor desta zona de xeito irreversible. Para a construción, pretendida, destas novas infraestruturas faise necesario o achegamento de fondos públicos de administración supramunicipais.

Dende o BNG valorouse positivamente a presentación de proxectos alternativos “que alonxan o tráfico innecesario de vehículos a motor do entorno do río priorizanado ás persoas. No caso de Monforte a alternativa ao peche de tráfico pola Ponte Vella pasa por facer un uso máis responsable dos medios de transporte, sen necesidade de construír novas e costosas infraestruturas de acceso ao tráfico a motos, e moito menos na zona do Malecón. Na cidade existe unha marxe de mellora na reorganización do tráfico de xeito que se poderían optimizar recorridos, tanto en tempo como en distancia e fluxo de vehículos.”

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here