HomePolíticaPor Chantada presenta alegacións ao proxecto de urbanización da rúa do Rego

Por Chantada presenta alegacións ao proxecto de urbanización da rúa do Rego

Ata este mércores, 5 de xullo, a cidadanía pode alegar á aprobación inicial do Proxecto de Urbanización Rúa do Rego (Resolución da Alcaldía 505/2023 e exp. 95/2023).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por Chantada- Interior Galego Vivo xa rexistrou as súas alegacións e ponse ao dispor da veciñanza para facer as aclaracións que foren precisas. Lembran que sobre “o mamotreto da praza de Santa Ana”, ó que se liga este “proxecto” de urbanización, pesa un contencioso pendente de resolución.

Desde Por Chantada insisten na importancia de que as persoas propietarias que poden ser expropiadas e a veciñanza en xeral “pode alegar que a rúa debería abrirse ata o pavillón e non simplemente uns metros para tentar legalizar a licenza condicionada do mamotreto de Santa Ana.”

Lembran que xa na campaña electoral advertiron do que entenden que é unha operación especulativa no corazón da vila. “O Goberno tentou traer a pleno a urbanización para amparar a licenza do edificio, mais finalmente retirouna após a solicitude dun informe de secretaria, impulsada polo noso grupo municipal e co apoio do PSOE, sobre a legalidade do asunto. Para non pronunciarse sobre a legalidade da licenza desde Secretaría o alcalde publicou o Decreto 219/2023 polo que se retira da orde do día do Pleno convocado para o 9 de marzo de 2023 o expediente do Proxecto de urbanización da rúa do Rego. O alcalde recoñeceu sen pudor nun Pleno, que faltan documentos e informes dun expediente tan delicado do ponto de vista urbanístico e xurídico.”

Parcelas afectadas e cesións

ÚLTIMAS

Bóveda mellora a eficiencia enerxética en instalacións municipais

Acometéronse dúas actuacións diferenciadas. Por un lado, levouse a cabo a mellora da eficiencia...

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...