HomePolíticaOs socialistas de Sarria denuncian que "o alcalde falta ao respecto á...

Os socialistas de Sarria denuncian que “o alcalde falta ao respecto á oposición” ao convocar un pleno con 4 horas de antelación

O voceiro municipal do PSdeG en Sarria, Benjamín Escontrela, asegura que o alcalde, Claudio Garrido, “falta ao respecto á oposición convocando un Pleno de urxencia con apenas 4 horas de antelación, sabendo que varios concelleiros non poderían acudir”. Cualifico a súa xestión de “caótica” e lamenta unha forma de gobernar “ditatorial e sen planificación de ningún tipo”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O asunto que motivou a convocatoria do Pleno foi a necesidade de corrixir as partidas orzamentarias vinculadas a uns investimentos relacionados co alumeado público do Concello e poder xustificar unha subvención dependente do IDAE. Escontrela asegura que “a urxencia non estaba xustificada en ningún caso, porque os expedientes dos que tratou o Pleno databan dos meses de maio e xuño, e os prazos para optar a esta axuda sabíanse 6 meses antes”.

Cre que o pleno convocouse tarde “con premeditación e aleivosía. É unha falta de respecto á oposición e á veciñanza que representamos, e como tal temos que dicilo”. Finalmente ao pleno deste mércores faltaron 4 concelleiros, un deles do Partido Socialista, que non puideron presentarse ao ser convocados esta mesma mañá.

Denuncia ademais a forma de actuar do grupo do Goberno local respecto á necesidade de modificar as partidas dos investimentos do alumeado público para non perder as axudas, e acúsano de “improvisación e mala praxe. Agora pretenden despachar o expediente engadindo un cadro de prezos asinado pola técnica municipal sen que se incorpore modificación algunha ou aclaración ao contido dos seus informes precedentes”, explica o socialista, que asegura que os socialistas non apoiaron a iniciativa porque “é susceptible de ser declarada nula de pleno dereito e mesmo susceptible de constituír un delito de prevaricación tal e como advirten os técnicos municipais”.

ÚLTIMAS

‘Xénese dun paiaso’ espectáculo do Mago Brandan en Sarria

O Mago Brandan ofrecerá once representacións do seu novo espectáculo “Xénese dun paiaso” do 1 ao...

A Cabalgata de Reis de Monforte comezará ás 18:30 en Doutor López Suárez

A chegada das Súas Maxestades a esta pista, está prevista ás 17.30h para que...