HomePolíticaPor Chantada: "Nin ética nin estética coas obras do Plan Único"

Por Chantada: “Nin ética nin estética coas obras do Plan Único”

Desde Por Chantada denuncian tamén que a auga da traída leva varios días saíndo alodada en varias rúas da vila "sen que o concello informe sobre se é apta ou non para o consumo humano."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde Por Chantada aseguran que moitas das obras que se fixeron antes ou durante os comicios do 28 de maio foron con cargo ao Plan Único da Deputación, “e sen embargo é agora, meses despois que se colocan os carteis para xustificar o cobro ante a Deputación. O caciquismo non ten ética e todo vale para confundir e enganar. Tampouco hai estética porque chantar nunha árbore un cartaz dunha institución pública é moi elecuente de quen nos goberna e cal é a súa sensibilidade.”

Denuncia tamén Por Chantada, que o equipo de goberno privatiza os servizos e non fai seguimento dos mesmos. Neste caso refírense a que a auga da traída leva días saíndo alodada en rúas como a Avenida de Monforte, Xoán XXIII, Avenida Portugal, rúa do Comercio ou a rúa do Parque.

Lamentan non ter información oficial por parte do concello sobre se a auga é apta para o consumo humano e esixen explicacións tanto por parte do equipo de goberno como da empresa concesionaria, Viaqua, “Cando se vai resolver a situación e a que se debe? Se cada ano hai celeridade para subir a auga co IPC (a suba do 8% no 2023 representa 70.000 euros máis na recadación que atinxirá os 854.000 euros) tamén a ten que haber para dar un servizo dunha mínima calidade”, consideran desde Por Chantada que a falta de transparencia nestes temas é unha “irresponsabilidade manfiesta”.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...