A empresa mercantil Proforgal SL. ten solicitida autorizacion para realizar unha tala masiva de árbores frondosas na parroquia monfortina de Distriz, tal como se recolle no anuncio publicado non BOP numero 194 de Lugo de data 24/8/2023. Os bosques son os principais almacenadores de carbono do planeta, e constitúen un elemento fundamental na loita contra o cambio climatico, contribúen á preservacion da paisaxe, ao mantemento da humidade dos chans e á regulacion dos fluxos de auga. As árbores frondosas ademáis supoñen unha barreira contra os incendios forestais e a desertificación.
“No noso concello está solicitada esta tala masiva de frondosas (carballos, ameneiros, bidueiros…) onde se pretenden talar máis de 2.000 árbores nunha área sensible medioambientalmente, próxima a Rede Natura 2000 “río Cabe”, e conectada ecolóxicamente con esta a través das veigas e chairas de inundación de ríos e regatos tributarios do Cabe. Descoñecemos se o goberno municipal realizou algunha alegacion en tempo e forma ante a Confederación Hidrográfica para frenar esta tala”, explican desde Esperta Monforte.
E propoñen na moción un posicionamento claro do pleno para impedir esta tala e a favor dunha xestión sostible dos recursos naturais e preservación das paisaxes rurais. Piden tamén que ese posicionamento se faga chegar á Confederación hidrografica, Ministerio de Medioabiente, Conselleria de medio rural, e aos medios de comunicación.