HomePolíticaCharlas en Chantada sobre os novos parques eólicos e liñas de alta...

Charlas en Chantada sobre os novos parques eólicos e liñas de alta tensión que afectan a parroquias do concello

A Agrupación socialista de Chantada, en colaboración coa Asociación VentoNoso, organiza desde este luns, actos informativos dirixidos os veciños e veciñas das parroquias afectadas polo paso de liñas de alta tensión vencelladas a parques eólicos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo destas sesións informativas é facilitar ós afectados e afectadas toda a información dispoñible para que poidan valorar o impacto que nas súas vidas e propiedades poden ter as liñas de alta tensión e actuar en consecuencia chegado o momento. A nova liña programada vai dende Monte Cabeza II a Belesar.

Os actos terán lugar conforme ao seguinte calendario, horario e ubicacións:

.- Escola de Sabadelle desenvólvese un encontro dirixido a afectados de Sabadelle e Pesqueiras

.- Escola de Veiga. 27 de setembro ás 20,30. Dirixido a afectados de Veiga e Pedrafita

.- Local social de Merlán. 28 de setembro ás 20,30.

.- Escola de San Fiz. 30 de setembro ás 20,30

Os socialistas de Chantada lembran á veciñanza o acto de protesta convocado polo colectivo de Enfermaría A Por Todas que terá lugar o martes 26 ás 13,00 na entrada do hospital de Monforte.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...