HomePolíticaKaty Varela pídelle por carta a Tomé que solicite as axudas da...

Katy Varela pídelle por carta a Tomé que solicite as axudas da Xunta para ampliar a gardería municipal

A voceira do PP de Monforte, Katy Varela, vén de remitir unha carta a José Tomé pedíndolle que solicite as axudas da Xunta para a ampliación da gardería municipal ou a creación dun punto de atención á infancia (PAI), como “medida para evitar que queden familias sen este tipo de servizo no noso concello”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A convocatoria destas axudas está aberta cunha dotación importante que suporía a achega de ata 120.000 euros. Os populares urxen ao alcalde a formalizar a solicitude tendo en conta que o prazo remata o día 13 de outubro.

Lembran que hai varias semanas que dende a agrupación municipal do Partido Popular de Monforte de Lemos se instou a José Tomé a solicitar as axudas autonómicas para ampliar a gardería municipal; xa que “as prazas existentes son insuficientes. Non é este o primeiro curso no que hai nenos que quedan sen praza, tendo que acudir a centros de concellos limítrofes”. Poñen de exemplo o concello de Sober que pasou na súa escola infantil de 20 a 40 prazas ao ter solicitado estas axudas.

Varela condena que “o alcalde preocúpase moito de investimentos millonarios en parques e novas rúas, pero esquécese dos problemas da xente do día o día, os servizos sociais, etc.” A popular explica que para a reforma do pavillón, o Concello conseguiu unha subvención da Secretaría Xeral para o Deporte que permitiu financiar a metade da obra. E insiste en que “se o alcalde solicita a axuda polo procedemento adecuado, é posible. Pero cando se trata de que a Xunta invista en Monforte, Tomé prefire non facer nada, como fai con problemas tan preocupantes como o das prazas da gardería”.

ÚLTIMAS

UFD inviste 230.000€ na mellora a subministración eléctrica do Saviñao e Monforte de Lemos

UFD levou a cabo diversas actuacións para reforzar a calidade e fiabilidade da subministración...

O PP de Monforte demanda un plan urxente de mantemento de beirarrúas

A voceira popular, Katy Varela, sinala que, aínda que nos últimos anos se realizaron...

Arantza Portabales presenta “Asasinato no muíño do cura” este 25 de abril no Ateneo Casino de Monforte

A recoñecida escritora, Arantza Portabales, unha das voces máis consolidadas da novela negra en...

O Concello de Monforte incentiva o concurso de Maios e Coplas con 1.900 € en premios

O Concello de Monforte prepárase para a súa cita cunha das tradicións primaverais que...