InicioPolíticaPor Chantada critica a nova licitación do SAF, "un contrato de 5.791.584€...

Por Chantada critica a nova licitación do SAF, “un contrato de 5.791.584€ de costas ao Pleno”

Aseguran desde Por Chantada que só puideron fiscalizar o expediente en comisión informativa e Antom Fente afirma que existe "opacidade no tratamento dos expedientes, furtan competencias esenciais do Pleno e cortan a liberdade de expresión e o debate democrático. Semella que hai moito que esconder".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP aprobou en solitario a nova licitación do servizo de axuda no fogar en Xunta de Goberno Local. Por Chantada considera que se lle quitaron competencias ao Pleno, como corresponde nos contratos que representan máis de 10% dos recursos ordinarios dun concello nun ano, “Entendemos que é o Pleno o órgano colexiado que escollen directamente as veciñas e os veciños e ao que calquera pode asistir, daquela é onde claramente se debería artellar o núcleo da vida política local e non baleirado de contido e nengunealo como sempre fixo o alcalde Manuel Lorenzo Varela.”

A nova licitación suporá para as arcas públicas 5.791.584€ para o período 2024-2027 e no que resta de ano continuará a empresa Samaín, cuxa prórroga de contrato se fixo a pesar do reparo da intervención municipal (Reparo 33/2023). “Cada ano o concello de Chantada pagará 1.254.843,20 euros polo servizo, fronte aos máis de 900.000 euros actuais do servizo xa privatizado e se fose a xestión 100% pública o custe sería de 850.000 euros. Ao privatizar dispárase o gasto e o beneficio para a empresa, mais non para maiores e traballadoras”, aseguran.

Desde Por Chantada consideran que as condicións laborais e de servizo do SAF non van mellorar e dan as seguintes razóns:

  • Non se incrementan as horas a respeito do contrato actual, polo que non se ampliará o servizo nen se reducirán as listaxes de agarda, que tampouco son transparentes e públicas.
  • Aplícase ás traballadoras o convenio autonómico e non o municipal como na etapa do servizo público.
  • Os pregos non recollen maiores garantías que os actuais de que se velará polos direitos salariais e as condicións laborais das traballadoras en caso de incumprimento da nova concesionarias.
  • Só mellora a parte económica nos gastos de explotación e funcionamento que redondea os beneficios empresariais, aínda que a cuestión do quilometraxe si que repercute das traballadoras, non porque o Goberno municipal o decidise, se non porque obriga unha norma de rango legal superior.

Por último, IGV manifesta que a Xunta da Galicia debería asumir integramente o custe do servizo para poñer fin ás disparidades que prexudican aos concellos do interior galego que apresentan simultaneamente menor orzamento, maior dispersión e maior rateo de envellecemento.

ÚLTIMAS

Traballos preventivos en pistas e cortalumes do Distrito Forestal VIII Terra de Lemos

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte,...

29.469€ para a rehabilitación do lavadoiro de Hospital no Incio

Esta actuación busca a integración dos elementos que conforman o patrimonio etnográfico, neste caso...

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...