HomesociedadeBolsas de tea con motivos feministas

Bolsas de tea con motivos feministas

Os deseños personalizados sairon da cuarta sesión do proxecto "Redes Lilas" que impulsa o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta actividade cunha proposta creativa á vez que reivindicativa. As traballadoras sociais Ana de la Torre Alvaredo e Patricia González Vidal apostaron nesta ocasión por unha dinámica grupal de deseño de bolsas coñecidas como tote bags con frases, debuxos e símbolos relacionados co movemento feminista e a loita individual de cada muller.

A educadora social Selene Arias Sáez encargouse de axudar e acompañar ás participantes nunha sesión que tivo lugar na Casa da Cultura e que permitiu ás mulleres sumar á súa axenda semanal unhas horas dedicadas a elas mesmas, á súa creatividade e a compartir tempo con persoas do mesmo xénero pero diferentes idades, inquedanzas e contextos sociais.

Na súa chegada ás instalacións, o grupo atopouse con slogans, frases de figuras célebres e ilustracións impresas para tomar como inspiración nas súas elaboracións. As bolsas de tea remataron decoradas a toda cor e con mensaxes como “Onde existiu o medo, hoxe berra a rabia”, “Este corpo é todo meu” ou as acepcións da palabra ‘sororidade’ (solidariedade entre mulleres).

Dúas participantes da actividade. Foto: Concello de Sober.

O proxecto está a conseguir a súa función de rede de apoio feminina, sumando nesta última sesión participantes de concellos veciños e unha muller procedente de Xixón, que leva na zona un mes escaso.

Á conquista en común do eido artístico entre as mulleres de ‘Redes Lilas’ seguirana, no seu calendario de propostas, a do eido relacional e a do social e comunitario. O grupo feminista recorda que as mulleres que o desexen poden sumarse ás actividades, que promocionan dende a conta de Instagram @redes.lilas.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...