HomePolíticaCourel Vivo leva a pleno medidas para loitar contra a velutina

Courel Vivo leva a pleno medidas para loitar contra a velutina

Insisten desde Courel Vivo en que a veciñanza do concello, sobre todo os apicultores, estanse vendo prexudicados polo gran avance desta especie foránea e invasora.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Courel Vivo considera que desde a entrada no país da Vespa Velutina, fai máis de 10 anos, a Xunta de Galicia nunca asumiu as competencias na loita contra as especies exóticas invasoras. Lamentan que non se teña elaborado un Plan de actuación galego para a detección, control e/ou erradicación da Vespa velutina nin se executara o establecido na estratexia do Ministerio.

O servizo de retirada que a Xunta ten contratado á empresa Seaga “é un servizo moi mellorable xa que en moitos casos derivase a bombeiros ou persoais locais, cando Seaga están cobrando por facelo.” Consideran desde Courel Vivo que cada vez desínanse menos recursos e hai máis retraso na retirada de niños e denuncian que, “non hai un protocolo establecido para o trampeo de captura de raíñas. E non se incide nos niños primarios da primavera, que é o trampeo máis efectivo. Con todo isto o tártago asiático está a ter unha expansión exponencial por todo o noso territorio, con consecuencias importantes para os apicultores que ven como ano tras ano se ve reducida a súa colleita de mel, causándolles a morte a colmeas enteiras.

Desde o grupo municipal de C@urel Vivo solicitan:

  1. Que se elabore un Plan galego para a detección control e/ou erradicación da Vespa velutina nigrithorax e que se fomente a investigación sobre o ciclo biolóxico e comportamento da Vespa velutina nigrithorax na Galiza. Así como das ferramentas de trampeo, máis efectivas e menos prexudiciais para outras especies.
  2. Que se priorice o trampeo e a actuación anticipada sobre os niños primarios, como maneira efectiva de acabar con elas.
  3. Que se dote de recursos suficientes para a retirada de niños secundarios e que se habiliten axudas específicas para a prevención dos ataques nos apiarios, para minimizar as perdas de produción polo ataque do tártago (Vespa velutina nigrithorax).
  4. Que se prevea a posibilidade de habilitar axudas polas perdas ocasionadas por esta especie, no caso de ser necesarias.
  5. Que se consideren as baixas ocasionadas pola Vespa velutina nigrithorax como causa específica de forza maior contemplada nos criterios de excepcionalidade que eximen do reintegro das axudas percibidas, tanto nas “Axudas á incorporación de persoas mozas á actividade agraria”, como nas “Axudas Agroambientais da PAC”

ÚLTIMAS

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...

Prohibidas as queimas forestais e agrícolas de particulares

Quedan fóra da prohibición as queimas prescritas que executa o Servizo de Prevención e...

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...