HomePolíticaA "tala masiva de frondosas en Distriz" irá ao pleno deste mes...

A “tala masiva de frondosas en Distriz” irá ao pleno deste mes en Monforte

Esperta Monforte recupera para o pleno deste mes de outubro as mocións e iniciativas presentadas ao pasado pleno que non se debateron por ausencia do voceiro de Esperta Monforte, Jaime Germán Vázquez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esperta Monforte leva ao pleno do último luns de mes unha moción sobre a “tala masiva de frondosas en Distriz” empresa mercantil Proforgal SL. ten solicitida autorizacion para realizar unha tala masiva de árbores frondosas na parroquia monfortina de Distriz, tal como se recolle no anuncio publicado non BOP numero 194 de Lugo de data 24/8/2023. Os bosques son os principais almacenadores de carbono do planeta, e constitúen un elemento fundamental na loita contra o cambio climatico, contribúen á preservacion da paisaxe, ao mantemento da humidade dos chans e á regulacion dos fluxos de auga. As árbores frondosas ademáis supoñen unha barreira contra os incendios forestais e a desertificación.

“No noso concello está solicitada esta tala masiva de frondosas (carballos, ameneiros, bidueiros…) onde se pretenden talar máis de 2.000 árbores nunha área sensible medioambientalmente, próxima a Rede Natura 2000 “río Cabe”, e conectada ecolóxicamente con esta a través das veigas e chairas de inundación de ríos e regatos tributarios do Cabe. Descoñecemos se o goberno municipal realizou algunha alegacion en tempo e forma ante a Confederación Hidrográfica  para frenar esta tala”, explican desde Esperta Monforte.

E propoñen na moción un posicionamento claro do pleno para impedir esta tala e a favor dunha xestión sostible dos recursos naturais e preservación das paisaxes rurais. Piden tamén que ese posicionamento se faga chegar á Confederación hidrografica, Ministerio de Medioabiente, Conselleria de medio rural, e aos medios de comunicación.

Presentan tamén unha moción demandando a recollida de augas puviais na baixada ao campo da festa de Gullade. Piden que se acabe cos problemas de inundacións que causan desperfectos nas casas e fincas do lugar. Trala recente inauguración da ampliación do pavillón da Pinguela preguntarán no pleno por que non se modificou a altura para poder acoller competicións nacionais e internacionais de voleibol, despois de ter presentado unha moción ao respecto en febreiro do pasado ano.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...