HomePolíticaO BNG denuncia que no centro de saúde de Bóveda están sen...

O BNG denuncia que no centro de saúde de Bóveda están sen médico

O BNG de Bóveda recolle as queixas da veciñanza pola falta de atención médica no centro de saúde na capitalidade municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG explica que no centro de saúde de Bóveda levan anos sen cubrir a baixa da praza de médico titular polo que o servizo que se ven prestando é máis reducido do habitual, xa que é atendido polo médico do centro de saúde de Rubián, onde este ten a súa praza. “A situación obriga a unha itinerancia de facultativos diferentes, ata tres nunha mesma semana, cando o médico de Rubián non está dispoñible, o que vai en detrimento da necesaria e estreita confianza médico -paciente”, sinalan os nacionalistas. 

Engaden que “por un permiso do médico de Rubián, o médico substituto atende en dita localidade como establece o seu contrato, e a veciñanza de Bóveda non dispón deste servizo, derivándoa ao Centro de Saúde de Rubián.”

Dende o BNG de Bóveda denunciase a obriga do Sergas de cubrir a praza de Bóveda, e reiteran a súa preocupación ante “unha situación provisional e precaria, que corre o perigo de converterse en permanente, o que no medio e/ou longo prazo pode supoñer a perda definitiva da atención nun dos centros do municipio.”

“O problema actual non se tería dado se estivese cuberta a praza de Bóveda, algo que necesitamos pola dispersión e o avellentamento poboacional”, conclúe Javier Castro, portavoz municipal do BNG en Bóveda.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...