HomePolítica“Nós sacamos os compromisos dos caixóns para poñelos en marcha", Isabel Rodríguez,...

“Nós sacamos os compromisos dos caixóns para poñelos en marcha”, Isabel Rodríguez, subdelegada do Goberno en Lugo

A subdelegada pon en valor a adxudicación por 41M€ da Intermodal de Lugo e a prolongación da variante ferroviaria da Pobra de San Xiao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, confirmou que o Goberno Central cumpre con Lugo tras o anuncio da adxudicación do contrato por 41M€ da Intermodal de Lugo e a prolongación da variante da Pobra de San Xiao.

“O Goberno de Pedro Sánchez dá un paso máis no seu compromiso con Lugo”, afirmou en alusión á nova estación ferroviaria, que “permitirá dar resposta ao aumento do tráfico de trens e viaxeiros derivados da renovación da liña Lugo-Ourense”, liña esta que conecta a cidade co corredor de alta velocidade.

A subdelegada tamén saíu ao paso das declaracións da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, explicando que “mentras outros gobernos deixan os proxectos e as promesas nos caixóns, nós damos cumprimento con feitos e realidades”. Engadiu ademais que “informamos á conselleira de que o Goberno está a investir 550 millóns de euros, un compromiso nunca visto co PP,  para conectar a alta velocidade con Lugo”.

Finalmente puxo énfase na importancia de modernizar as infraestruturas e avanzar na mellora das conexións ferroviarias, pois a variante de A Pobra de San Xiao, á que se destinan 18,6 millóns no tramo entre os municipios de Láncara e Sarria “incrementará a seguridade e reducirá os tempos de viaxe dos percorridos”.

ÚLTIMAS

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...