HomePolíticaInterior Galego Vivo celebra a súa VI Asemblea

Interior Galego Vivo celebra a súa VI Asemblea

Será o vindeiro 18 de novembro no Círculo Recreativo Cultural (Casino) da vila de Chantada. A continuación haberá un xantar de confraternización ao que poderán anotarse as persoas interesadas até o día 14.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A VI Asemblea de Interior Galego Vivo, que se celebrará o sábado 18 de novembro no ‘Casino’ de Chantada, suporá un pulo organizativo moi importante para a organización pois decidirase a política de alianzas e a estratexia a seguir perante os vindeiros comicios galegos e europeos. 

“A organización da revolta das comunidades rurais debe continuar pulando por acordos amplos que doten de voz o mundo rural. Polo noso futuro e os bens comúns, polas nosas parroquias, pola vida con dignidade no medio rural e nas vilas e cidades interiores”, comentan dende IGV.

A xuntanza servirá tamén para afondar nos retos comúns, retos que se verán reforzados con novas agrupacións locais e co respaldo dos bos resultados acadados nas eleccións municipais do pasado 28 de maio.

Para Interior Galego Vivo este é un momento moi importante. Entenden que “chegou o momento de avanzar programática e organizativamente” e que esta VI Asemblea “servirá para decidir se trascendemos o eido municipal para contribuír a conformar acordos amplos que nos permitan que os nosos territorios e problemáticas teñan voz en Compostela e en Bruxelas”.

INTERIOR GALEGO VIVO

Esta formación política e social recoñece, entre outros, os seguintes obxectivos: facer fronte ao despoboamento das nosas parroquias; confrontar os desequilibrios territoriais, a degradación e a supresión de servizos que deterioran as condicións de vida da xente e que negan oportunidades á mocidade; e defender alternativas e un novo modelo de desenvolvemento máis equilibrado e xusto.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...