HomePolíticaOs deputados populares deslocalizan as reunións de taballo para “poñer en valor...

Os deputados populares deslocalizan as reunións de taballo para “poñer en valor a riqueza da provincia”

Os deputados populares aproveitaron para coñecer a adega Algueira, de Sober, que foi recoñecida como a mellor experiencia de Turismo do Viño en España e que tamén pode presumir de ser a primeira empresa galega cuxos viños forman parte da subasta de La Place, en Burdeos (Francia), unha das máis importantes do mundo para o sector

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os deputados do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo mantiveron este luns unha xuntaza de traballo en Sober, dentro da súas reunións periódicas, tentando deslocalizar estes encontros para “poñer en valor a riqueza da provincia”.

Os deputados do PP tamén coñeceron a historia, funcionamento e modelo de negocio da adega de Sober, Algueira. Os deputados populares destacaron a importancia de que “empresas familiares e con tanta historia coma esta” triunfen co seu esforzo diario xa que son “unha parte moi importante do motor económico da provincia” de aí que “sempre é unha magnífica nova que se recoñeza o traballo e esforzo de empresas 100% lucenses”.

Este recoñecemento vén a confirmar o gran traballo realizado por esta empresa que, ademais “é a primeira empresa galega cuxos viños formaron parte da subasta de La Place, en Budeos (Francia), nun dos eventos máis importantes do mundo dentro do sector.”

Con este encontro en Algueira, os populares continúan co seu calendario de visitas a todos os municipios e comarcas da provincia xa que “percorrendo todos os concellos e falando con seus veciños é o único camiño para poder coñecer de primeira man as necesidades da provincia e así buscar solucións para que a provincia avance. Queremos que a Deputación aporte solucións e que volva a ser ese motor económico que Lugo tanto necesita”, destacaron.

ÚLTIMAS

Carmela López, nova presidenta da Deputación de Lugo: “Asumo esta presidencia desde a igualdade”

A deputada provincial e alcaldesa de Burela, Carmela López Moreno, foi elixida presidenta da...

Empresarias reivindican a súa voz e acción para mellorar a situación socioeconómica da Ribeira Sacra

O encontro de Talento Feminino no Rural que tivo lugar no Castelo de Castro...

Un morto tras chocar un camión e unha furgoneta en Sarria

O condutor dunha furgoneta faleceu nunha colisión frontal contra un camión na estrada LU-633,...