HomeCulturaO 28 de xuño o director de cine, José Luis Guerin, participa...

O 28 de xuño o director de cine, José Luis Guerin, participa en Sober na proxección do seu filme ‘Historias del Buen Valle’

O aclamado director de cine José Luis Guerin estará en Sober entre o 28 de xuño e o 3 de xullo para impartir un taller convidado por La Plantación. A actividade formativa desenvolverase na Casa Grande de Rosende.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aproveitando a presenza do cineasta na vila, o Concello de Sober organiza, en colaboración con La Plantación, unha xornada de cine de verán gratuíta ao aire libre na Praza do Toural. Así, o 28 de xuño ás 21:30 horas proxectarase nunha pantalla de grandes dimensións o filme ‘Historias del Buen Valle’.

A película céntrase no barrio de Vallbona, na periferia de Barcelona, retratando a vida, os conflitos e a transformación dos seus veciños mentres transitan entre a súa herdanza rural e unha contorna cada vez máis urbana. O autor da película, galardoada  co Premio Especial do Xurado e o XI Premio da Cooperación Española na 73ª edición del Festival de San Sebastián, será un dos espectadores que asistan á Praza do Toural.

La Plantación

La Plantación. Encuentros y Conocimiento é un proxecto cultural feito desde Galicia, onde se cultivan e comparten experiencias ao redor de distintas artes. O método de traballo consiste en propoñer encontros abertos entre un autor e calquera persoa que estea interesada (profesional e non profesional) co obxectivo de reflexionar sobre proxectos e intereses creativos.

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...