HomesociedadeFAC-USO denuncia que Monforte ignore no proceso selectivo de TAX ao seu...

FAC-USO denuncia que Monforte ignore no proceso selectivo de TAX ao seu responsable de Administración Local en Galicia

A Federación de Atención á Cidadanía da Unión Sindical Obreira en Galicia (FAC-USO Galicia) denuncia que Monforte de Lemos ignorou, no proceso selectivo para unha praza interina de Técnico de Administración Xeral (TAX), ao seu responsable de Administración Local en Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte convocaba o 13 de outubro a praza de TAX concedendo un prazo de 10 días hábiles para xuntar instancias. Desde FAC-USO aseguran que o seu representante pagou as taxas e rexistrouse telemáticamente, segundo as bases da convocatoria para despois asistir á concentración dos bombeiros dos parques comarcais diante da Deputación da Coruña.

O 3 deste mes o concello de Monforte de Lemos publicaba, nun primeiro anuncio, a listaxe definitiva de admitidos na que non figuraba excluído ningún aspirante e posteriormente o nomeamento do Tribunal. FAC USO amosa a súa estrañeza porque o seu representante non aparece na lista de admitidos, nin na de excluídos, “Non queremos pensar que a omisión do responsable de Administración Local de USO Galicia sexa debida a que, como responsable dese sector, defenda os dereitos dos seus compañeiros e afiliados: xa sexa denunciando que Monforte de Lemos non teña delegado os procesos selectivos da Policía Local na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) ou apoiando e secundado as protestas dos bombeiros dos parques comarcais de Galicia.”

Desde FAC-USO demanda que, o máis axiña posible, o concello dea explicacións públicas e asuma as responsabilidades correspondentes. Pide ademais que proceda á revisión de oficio do proceso selectivo.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...