A voceira popular, Katy Varela, denuncia que “as políticas postas en marcha e defendidas polo equipo de goberno non contribúen a mellorar a economía de Monforte, como tampouco axudan a asentar poboación no municipio.” Con respecto á diminución na recadación por impostos municipais aseguran que, “non é precisamente porque o equipo de goberno os baixe, se non porque hai unha realidade innegable, a perda constante de poboación”.
Katy Varela tamén critica “a arbitrariedade de Tomé para pedir axudas á Xunta de Galicia en función do recurso que se trate. Pedimos que se soliciten todos os recursos dispoñibles para a poboación de Monforte para poder dar solucións aos problemas e evitar a perda paulatina de poboación”.
Nese senso, Katy Varela afirma que Tomé opta por non pedir axudas para facilitar a conciliación das familias porque “prefire perder poboación e que os mozos marchen porque sabe que non lle votan”.
Os populares non respaldan tampouco o aumento das subvencións de carácter nominativo en prexuízo das de carácter competitivo por consideralas insuficientes, engaden que “para paliar e solucionar os problemas do día a día do municipio o equipo de goberno vai a endebedar a todos os veciños ao acudir a unha operación de crédito para sufragar gastos como reposicións en vías urbanas ou pequenas intervencións como instalacións en edificios ou equipamentos de diversas áreas como cultura medio ambiente ou urbanismo”.
Katy Varela tamén crítica “o enganoso e problemático do aumento nun millón de euros do orzamento municipal. Ese incremento vén dado dunha operación de préstamo”. Rematan os populares asegurando que “son uns orzamentos absolutamente continuistas, que non anuncian nada novo, que seguen tendo un gasto importantísimo na xestión da auga e da limpeza e recollida de lixos pero sen solucionar os problemas de abastecemento e saneamento que sofre o municipio”.