HomePolíticaFalemos do rural, este 9 de decembro, de 12:00 a 14:00 no...

Falemos do rural, este 9 de decembro, de 12:00 a 14:00 no Casino de Chantada

Esta xornada para o diálogo e a aprendixaxe colectiva está aberta a todas as persoas interesadas. A través de dúas mesas falarase de sanidade, coidados, sector primario, cultura ou o futuro do rural. Organizan Interior Galego Vivo e Por Chantada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a xornada deste sábado pola mañá no Casino de Chantada abordaranse as trabes para un programa ao servizo do rural e “tentarase contribuír a que o acordo amplo, que se precisa para unha mudanza na Xunta, poida ser unha realidade”, tal e como sinalan desde a organización.

Na primeira mesa que comezará ás 12:00 falarase das problemáticas e das propostas para mellorar os nosos territorios con especial atención na agrogandaría, a cultura ou os servizos públicos como a sanidade e o ensino. Analizaranse así propostas programáticas para o interior rural galego desde a sociedade civil coa presenza de Ana Rodríguez, gandeira e boa coñecedora da PAC, Jorge Lorenzo, concelleiro de IGV e sanitario; e desde o eido da cultura, a actriz María Vázquez.

A segunda mesa, transcorrerá entre as 13:00 e as 14:00 horas. Interior Galego Vivo ten proposto un acordo amplo que en Lugo e Ourense “contribúa de xeito decisivo a permitir unha mudanza na Xunta“, que consideran necesaria, “xa que as políticas do PP estano arrasando”.

IGV aposta por ese acordo amplo e quere dialogar con BNG, PSdeG e Sumar Galicia, “búscase un debate, onde escoitar o parecer de cada forza, de cara as eleccións galegas. Non é tarde para maximizar a onda de cambio que existe en Galicia de cara acabar con políticas que condean ao interior galego á inanición ao tempo que destrúen a sanidade e os servizos públicos.”

Con esa búsqueda de unidade, o obxectivo que marcan é avanzar en direitos e mellorar a calidade de vida das poboacións do interior galego, “Non é tempo de enrocamentos identitarios, senón de solucións valentes: cada forza política que quere o cambio galego ten que facer o máximo esforzo por ampliar o seu electorado, derrubando o muro da alta abstención e aglutinando o máximo posíbel o seu espazo”, tal e como sinalan desde IGV.

ÚLTIMAS

Como poden axudar os servizos sociais dos concellos?

As situacións de vulnerabilidade, vinculadas á soidade, depresión ou adicións fixéronse máis visibles durante...

A CHMS investirá case 8M€ na mellora do saneamento de Monforte

Este acordo de colaboración dá continuidade ás actuacións contempladas no plan director para a...

‘Showcooking outonal’ por parroquias en Monforte

O Concello de Monforte de Lemos comezou o pasado 21 de novembro unha interesante...

Reúnese a Mesa de Coordinación de Lemos para a mellora da atención as vítimas de violencia de xénero

A Mesa de traballo está composta por profesionais de toda a Comarca de Lemos...