HomePolíticaO PP reclama melloras para a estrada provincial que dá acceso á...

O PP reclama melloras para a estrada provincial que dá acceso á fervenza de Augacaída, en Pantón

"O mal estado da estrada á fervenza de Augacaída é claro exemplo da falta de compromiso do goberno provincial co desenvolvemento turístico da Ribeira Sacra", denuncian os populares.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O portavoz do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, condena que “o mal estado das vías que son titularidade da Deputación de Lugo dificulte a mobilidade dos veciños e veciñas da provincia”, tal como denunciou na visita ao municipio de Pantón esta semana. Referiuse á estrada LU-P-4107 que une Segade e Marce, “como exemplo da falta de compromiso do goberno provincial co desenvolvemento turístico da Ribeira Sacra”.

Esta vía comunica co lugar da fervenza de Augacaída, un dos puntos turísticos máis visitados da provincia; “pero o seu estado non convida a circular por ela. Os veciños non dispoñan dunha vía en boas condicións e perxudícase aos negocios da contorna polas dificultades que atopan os turistas para acceder á zona”.

Os populares demandan ademais zona de aparcamento para dar servizo a este espazo, “á vista de que o acceso á fervenza é bastante estreito e acumula bastante tráfico en temporada alta, sería positivo acondicionar unha zona de aparcamento”.

Ao mal estado das estradas provinciais, Ameijide engade que “o goberno provincial de PSOE e BNG vén de aprobar os orzamentos da Deputación para o 2024 no que conxelan o investimento para información e promoción turística”.

Durante a visita ao municipio, os populares tamén subliñaron “o castigo do Goberno de Pedro Sánchez á zona sur da provincia á vista do mal estado da N-120 ao seu paso por Pantón”.

ÚLTIMAS

O concello de Ribas de Sil asina convenio coa Deputación para nove actuacións

O convenio recolle entre outras obras, a renovación do alumeado público na Rúa Antonio...

‘Escoba de Platino 2026’ para o Concello de Monforte

O Concello de Monforte presume de 'Escoba de Platino', un galardón outorgado pola Asociación...

Campo de voluntariado no Incio para poñer en valor Trascastro, A Ferrería e Hospital

O campo de voluntariado está promovido polo Concello do Incio, conta coa colaboración de...

O 30 de maio festa romana en Proendos coa celebración da I Floralia para poñer en valor este xacemento

A celebración toma o nome das antigas 'floralias', as festas romanas dedicadas á exaltación...