HomeMedio ambiente e Patrimonio'Escoba de Platino 2026' para o Concello de Monforte

‘Escoba de Platino 2026’ para o Concello de Monforte

Este recoñecemento, un dos máis relevantes a nivel estatal en materia de limpeza urbana e xestión de residuos, chégalle á capital da Ribeira Sacra pola integración do punto limpo e o centro verde no servizo de limpeza e recollida de residuos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte presume de ‘Escoba de Platino’, un galardón outorgado pola Asociación Técnica para la Gestión de Residuos, Aseo Urbano y Medio Ambiente (ATEGRUS) que premia a integración do punto limpo e do centro verde dentro do servizo municipal de recollida de residuos e limpeza viaria, unha acción impulsada dende o Equipo de Goberno o pasado 2025. A actuación conseguiu mellorar a eficiencia e coordinación na trazabilidade de residuos e sitúa a Monforte de Lemos como un referente na xestión ambiental municipal. En palabras do alcalde, “a integración dos servizos permitiu mellorar a coordinación, optimizar recursos e ofrecer unha resposta máis rápida e eficaz ás necesidades da cidadanía, ao tempo que avanzamos na protección do medio ambiente”.

A Escoba de Platino 2026 é a 4ª desta categoría que obtén o Concello de Monforte de Lemos nos últimos seis anos, tras recibir o galardón tamén nos anos 2020, 2022 e 2024. Previamente, obtivo a Escoba de Prata en 2012 e a de Ouro en 2014.

O rexedor, José Tomé, que recollerá o premio o día 10 de xuño en Madrid, sinala respecto ao mesmo que “supón un novo recoñecemento ao traballo ben feito cando no ano 2023 iniciamos o programa de implantación da recollida de lixo orgánico no Concello de Monforte, sendo un dos primeiros concellos da provincia de Lugo en facelo”.

CAMPAÑA ‘RECICLEMOS DE XEITO SOSTIBLE’

Actualmente, o Concello mantén activa a campaña informativa “RecicLemos de xeito sostible” para a mellora da xestión dos residuos orgánicos e da compostaxe no municipio que inclúe accións na rúa e nos centros educativos co obxectivo de sensibilizar a toda a poboación das vantaxes da compostaxe doméstica e da importancia de facer un bo uso do colector marrón. A iniciativa achega, de balde, colectores domésticos e composteiros individuais aos veciños e veciñas que o solicitan a través dun formulario ‘on line’ na páxina web municipal.

SERVIZOS E MELLORAS NA XESTIÓN MEDIAMBIENTAL

Dende o concello lembran a existencia do Punto Limpo, con amplo horario de atención en quenda de mañá e tarde, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, facilitando así o depósito axeitado dos residuos e reducindo significativamente o risco de verteduras incontroladas. E tamén a posibilidade de solicitar a Recollida de enseres porta a porta dispoñible mediante chamada ao teléfono 900 101 390.

Tamén se pon en valor a implementación de accións como o control de accesos e ferramentas dixitais de xestión que permiten rexistrar todos os movementos de residuos, garantindo a súa trazabilidade e mellorando a calidade da información para a toma de decisións; e a dixitalización, incorporáronse tamén melloras en eficiencia enerxética, coa instalación de iluminación LED e traballando na mellora dos accesos e da vixilancia das instalacións.

Por último, no que respecta á recollida selectiva da fracción orgánica, nas últimas semanas estase ampliando a implantación desta recollida entre os grandes produtores, especialmente no sector hostaleiro, ao que o Concello agradece a súa colaboración para mellorar a separación de residuos.

ÚLTIMAS

A falta de vivenda centra o foro que Ribeira Sacra Next promove o 19 de xuño no Parador de Monforte

Durante a presentación do encontro, na sede da CEO, os representantes das tres entidades...

O 28 de xuño o director de cine, José Luis Guerin, participa en Sober na proxección do seu filme ‘Historias del Buen Valle’

Aproveitando a presenza do cineasta na vila, o Concello de Sober organiza, en colaboración...

O IES Río Cabe de Monforte faise co 2º e o 3º posto na fase final do Parlamento Xove

A categoría de ESO formárona Estefanía Fernández Muñoz, Verónica Caplea, África Guitián García e...

Graduación do alumnado de Formación Profesional no IES Francisco Daviña Rey

Durante o acto de graduación celebrado no IES Francisco Daviña Rey tivo lugar a...