HomePolíticaO BNG levará unha iniciativa ao Parlamento Galego para reducir o número...

O BNG levará unha iniciativa ao Parlamento Galego para reducir o número de accidentes na N-120

A estrada N-120, ao seu paso polas provincias de Lugo e Ourense, é un dos puntos negros da rede de estradas estatal. O risco de accidente aumenta coa choiva.

Publicado o

- Advertisement -

A vice-voceira do BNG, Olalla Rodil reclamará á Xunta que se dirixa ao Ministerio de Fomento “para esixirlle a adopción de medidas que garantan a seguridade na N-120 ao seu paso polas comarcas de Lugo e Ourense”.

A estrada N-120, ao seu paso polas provincias de Lugo e Ourense, converteuse nos últimos anos nun dos puntos negros da rede de estradas estatal. A finais do pasado ano 2017 o programa europeo de valoración de estradas (EuroRAP) situou 14 quilómetros deste vial (entre os km. 535,2 e 549,5) como o punto de maior risco de accidentes de todo o Estado.

As curvas e a pendente da estrada así como a falta de mantemento e especialmente a progresiva degradación do pavimento levan provocado numerosos accidentes. Os máis recentes foron catro, en apenas unha semana, no tramo coñecido como as curvas de Abrence, no concello da Pobra do Brollón. O risco aumenta exponencialmente cando se producen choivas, algo habitual no noso país.

N-120. Quilómetro 509,600 dirección Monforte. Fonte: Benxamín Macía
N-120. Quilómetro 509,500 dirección Quiroga. Fonte: Benxamín Macía.

A N-120 é unha vía de comunicación fundamental para as comarcas do interior do país como evidencia a intensidade de tránsito que rexistrou en 2017, con máis de 4.200 vehículos diarios.

ÚLTIMAS

Moito público e gran participación no Desfile de Martes de Entroido monfortino

Con máis de 1.300 participantes no Desfile de Comparsas e Disfraces e as rúas...

O Oso de Salcedo volveu facer das súas este luns

Arias felicitou á veciñanza de Salcedo polo seu traballo para preservar "un dos Entroidos...

1.300 inscritos na XII edición do Quiroga Trail Challenge

Pechadas xa as inscricións unhas horas antes da data límite por prazas esgotadas destácase...

‘Amandi. Un viño de cine’ anunciará a cita de Sober

O xurado, formado por técnicos municipais, elixiu entre unha vintena de propostas chegadas de...