HomePolíticaPor Chantada demanda responsabilidades políticas pola situación do PAC

Por Chantada demanda responsabilidades políticas pola situación do PAC

Por Chantada IGV entende que desde a Xunta e o PP deben asumir responsabilidades e cesar ás persoas “que son incapaces de xestionar algo tan importante e básico como a sanidade pública”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois de semanas nas se contaba únicamente con dous médicos no centro de saúde de Chantada, desde Por Chantada engaden que esta fin de semana as persoas sanitarias ficaron sen servizo de taxi, “isto significa que deberán tirar de ambulancia para calquera saída desde o PAC tamén para as atencións domiciliarias que se fan os sábados á mañá e en caso de emerxencia atrasaríanse os tempos de resposta ao ocupar a ambulancia para saídas onde non sería necesaria”.

A formación política considera que esta situación se dá porque a xerencia négase a negociar cos taxistas, “cada semana que pasa queda máis claro que a folla de rota do PP procura á mantenta que a sanidade funcione mal porque senón é malo de entender semellante cúmulo de despropósitos”.

Por Chantada IGV entende que desde a Xunta e o PP deben asumir responsabilidades e cesar ás persoas “que son incapaces de xestionar algo tan importante e básico como a sanidade pública”.

ÚLTIMAS

O Trail galego das categorías infantil, cadete e xuvenil adéstrase en Chantada

Unha vintena de nenos e nenas chegados de toda Galicia, acompañados polo preparador e...

‘Val de Quiroga de tapas’: a tapa gañadora coñecerase tras o pregón da Feira do Viño de Quiroga

O 'Val de Quiroga de tapas' celebrou a súa décimo terceira edición neste comezo...

Os coidados como saída laboral a debate este 24 de abril no Ecocentro Natureza de Monforte

O vindeiro xoves, 24 de abril, o Ecocentro Natureza de Monforte de Lemos (á...

Búscase cartel para a Feira Guímara da Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de anunciar a convocatoria para o primeiro...