HomePolíticaEsperta Monforte leva a pleno municipalizar a piscina municipal

Esperta Monforte leva a pleno municipalizar a piscina municipal

Ademais desta moción para municipalizar a piscina municipal, Esperta Monforte presenta ao pleno que se celebra este luns en Monforte, varias preguntas e pregos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esperta Monforte lembra que o servizo da piscina municipal leva máis de dous anos entregado a Tragsa á espera dunha plica e que alcalde aseguraba hai un ano no pleno que el era o máximo responsable de indicar cando facer dita plica.

En canto aos pregos, Esperta Monforte solicita facer as xestións necesarias para volver a realizar cursos de monitor de tempo libre, tal como se facían hai máis de catro anos desde o concello en colaboración coa cruz vermella.

Tamén piden poñerse en contacto coa compañía que corresponda para retirar os cables e os paos da luz no medio da estrada da rúa Tecelanes.

Ás preguntas refírense á cafetería do centro cívico do malecón e ao parque de bombeiros de Monforte. No primeiro caso queren saber se hai previsións de realizar investimentos na remodelación, reparación ou substitución do mobiliario da cafetería do centro cívico, “despois de 8 anos aberta e con cadeiras rotas, desgastadas e falta de pintura”.

Por outro lado preguntan que ten previsto facer o alcalde e presidente da Deputación e do consorcio provincial de bombeiros ante a crítica situación que padece Monforte cada vez que o parque de bombeiros monfortino permanece pechado.

ÚLTIMAS

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...