HomePolítica"A Tomé non lle interesa que ningún investimento do goberno galego chegue...

“A Tomé non lle interesa que ningún investimento do goberno galego chegue a Monforte”, asegura Katy Varela

O PP esixe a Tomé que pense no mellor para os monfortinos "e deixe a un lado a súa inquina contra a Xunta de Galicia e acepte a colaboración do goberno galego para diferentes fins, como ampliar as prazas da gardaría municipal ou avanzar no remate do Porto Seco".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o PP aseguran que se dan numerosos problemas derivados das roturas nas tubaxes das redes de abastecemento e saneamento municipais. Consideran que a rede debería de ser renovada na súa totalidade, “uns traballos que poderían realizarse con maior ritmo e polos que Tomé non se debería de felicitar xa que son a súa competencia”, aseguran os populares.

A voceira do PP de Monforte, Katy Varela, recorda que xa no mandato pasado presentaran dúas iniciativas para que o Concello de Monforte asinase coa Consellería de Infraestruturas un convenio de colaboración para aproveitar as axudas destinadas a estes traballos e non se fixo nada, “O alcalde di que precisa 10M€ para solucionar este problema, pero non quixo solicitar fondos que si aproveitaron outros concellos co único obxectivo de dicir que a Xunta de Galicia non colabora con Monforte, cando el é o único responsable de vetar os intentos da administración autonómica de achegar fondos ao municipio”, lamenta Varela e insiste en que os concellos teñen a obriga de dar un correcto servizo de abastecemento e saneamento.

A voceira popular pon máis exemplos “dos vetos de Tomé á Xunta de Galicia en Monforte”. No caso do Porto Seco aseguran que está paralizado polo goberno central xa que para rematar os accesos precísase a colaboración de esta administración, “pero Tomé non lle interesa a colaboración entre ambas administracións e que ningún investimento do goberno galego chegue a Monforte”. Tamén poñen de exemplo a gardaría municipal “na que non se amplían as prazas por non solicitar as axudas que pon a Xunta a disposición dos concellos para este cometido, ou o centro de atención temperá, que tampouco se piden as axudas”

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...