HomePolítica"O alcalde presume de investimentos que non se sabe se chegarán a...

“O alcalde presume de investimentos que non se sabe se chegarán a Monforte”, asegura o PP local

A voceira popular, Katy Varela, amosou a súa sorpresa “pola esaxeración e as mentiras” de José Tomé “tentando sacar peito” dos investimentos realizados polo seu equipo de goberno e que cuantifica en 45M€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Monforte precisa dun alcalde rigoroso, serio, que traballe e deixe de lado as mentiras”, asegura a voceira popular tras ver varias publicacións do alcalde nos medios de comunicación sober os investimentos no concello que “aínda non se sabe se chegarán a Monforte e moito menos se poderán executarse”.

Segundo os populares, o alcalde inclúe obras que aínda non se levaron a cabo nin se sabe cando se van a realizar, como poden ser a supresión dos pasos a nivel, a construción da nova ponte, a praia fluvial, a conexión entre a N120 e a N120A, o centro de ciber seguridade…  “Da metade dos cartos dos que presume aínda non se sabe nada, son investimentos que están no aire”, explicou.

Ante esta situación, dende o PP de Monforte esixen a Tomé “maior rigor cando fala de investimentos, como o convenio coa Confederación Hidrográfica, que tiña que esta rematado este ano, e que se prorrogou. O único que fai é propaganda e anuncios, nada máis”, denunciaron.

Katy Varela tamén quere recordar a José Tomé que a web oficial do Concello de Monforte “non está para facer publicidade do PSOE nin dos cargos socialistas”, en relación a unha publicación na que Tomé afirmaba que a intervención do candidato do PSOE á Xunta de Galicia foi necesaria para restaurar o mural da estación de tren de Monforte. Os populares lembran que a restauración fíxose pola insistencia de diferentes asociacións culturais, como Apatrigal.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...