HomePolíticaO BNG, con Olalla Rodil e Carme Aira, defende en Pantón "unha...

O BNG, con Olalla Rodil e Carme Aira, defende en Pantón “unha sanidade pública ao servizo das persoas”

O BNG convocou en Pantón un acto pola defensa da sanidade pública. No acto participaron as representantes do BNG no Parlamento Galego, Olalla Rodil e Carme Aira, e a portavoz municipal Rosana Prieto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Olalla Rodil explicou que “é o PP o único responsable do progresivo desmantelamento da sanidade publica” e engadiu que “especialmente no sur de Lugo danse todas as circunstancias para reforzar unha sanidade necesaria que se está a destruir dende o goberno da Xunta”.

Pola súa banda Carme Aira, destacou a necesidade de persoal nos hospitais e nos puntos de atención “o persoal non ten continuidade nos seus postos de traballo e non poden coñecer as persoas nin as súas particularidades, cousa que se fai máis necesaria e precisa cando se trata de pacientes con casuísticas peculiares e idade avanzada. Ademais diso, estamos na situación que denunciamos, onde non cobren nin as baixas nin as vacacións, obrigándonos a ir ás urxencias en ambulacia ata o Hula ou o Hospital de Monforte”.

“Á situación sanitaria provocada pola actual dirección do SERGAS súmase a situación de abandono na que se ven sumidas as persoas que precisan de atención en centros especializados, sobre todo no caso dos maires” explicou a portavoz municipal Rosana Prieto  “gástanse todos os cartos públicos en facer grandes obras e en mercar espazos innecesarios mentres abandoamos aos nosos maiores alegando falta de recursos”. Rosana Prieto abondou na necesidade de crear un sistema de atención que permita, mentres sexa posible, a vida nos propios fogares e non o traslado a grandes residencias públicas.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...