HomeOpiniónA Xunta financia 200 prazas nas escolas infantís do sur da provincia

A Xunta financia 200 prazas nas escolas infantís do sur da provincia

A vicevoceira do Grupo Parlamentario Popular, Raquel Arias, acompañada do alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, mantiveron un encontro de traballo con traballadoras da escola infantil da localidade para recoller a súas propostas e seguir impulsando este servizo que o Goberno galego financia integramente, "sen custe algún para as arcas municipais".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo avanzaron os populares, a aposta, que está a realizar o Executivo autonómico, continúa este ano co financiamento de 218 prazas nos 9 concellos da Zona Sur. “A gratuidade na educación de 0 a 3 anos é un servizo esencial e, por iso, consideramos que o esforzo inversor que está a facer o Goberno galego debe de ser posto en valor”, afirmaron.

Tanto Arias como Quitián trasladaron aos participantes no encontro que, coa colaboración económica da administración autonómica, o número de novas prazas neste municipio duplicouse e hoxe ascende a 41. Isto é posible tamén a que a entidade local recibiu da Consellería de Política Social 215.000 euros que permitiron a ampliación da gardaría existente, situada no colexio Virxe do Carme e creada en 2005, para convertela na actual escola infantil. A popular, que concorre ás eleccións ao Parlamento de Galicia como número 6, indica que a axuda “está a ser moi ben acollida” entre os pais e nais de Sober e lamenta que outros municipios como o de Monforte de Lemos declinasen solicitala.

Polo que respecta ao resto de municipios da Sur, o número de prazas que financia a Xunta de Galicia este curso é de 82, en Monforte; na Pobra do Brollón e outras tantas en Ribas de Sil e O Courel; 20 en Quiroga, Bóveda e Pantón; e 41 no Saviñao.

Con esta medida “ambiciosa e necesaria impulsada polo Goberno galego”, segundo destacou Arias, son máis de 31.000 familias galegas as que aforran cada ano uns 2.000 euros na educación dos seus fillos. En total, o Executivo de Rueda  destina a esta iniciativa 60 millóns de euros.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...